MESA REDONDA "A MULLER NO RURAL"

voluntarias participantes
alumnado

O 17 de marzo de 2014, tivo lugar unha mesa redonda na que se tratou sobre a agricultura e gandería dos Concellos de Baleira e Castroverde e as expectativas de futuro. Na mesa redonda participaron, xunto co alumnado de 3º e 4º de ESO, as seguintes profesionais:
1.Estrella Ramos González- Gandeira e axente de substitución 
2.Pilar Díaz Fernández- Veterinaria   
3.Manuela Vázquez Queizán- Enxeñeira Técnica Agrícola
Tratáronse os seguintes aspectos:
1.Traxectoria vital e estudos realizados.
2 O Futuro do rural posibilidades e expectativas de futuro nos concellos de Baleira e Castroverde.
3.A muller no rural: dificultades que atoparon. No futuro o agro pode ser un  lugar de traballo. Análise das vantaxes e inconconvenientes de  vivir no rural e/ ou de traballar en profesións relacionadas coa agricultura. Este tema foi un dos que máis intervencións e debate suscitaron entre o alumnado.