MESA REDONDA "A MULLER NO RURAL"

O 17 de marzo de 2014, de 15:25 a 16:15 horas, terá lugar unha mesa redonda na que se tratará sobre a agricultura e gandería dos Concellos  da nosa comarca e as expectativas de futuro. A mesa redonda desenvolverase desde o punto de vista das mulleres que traballan en profesións directamente relacionadas co agro. Poden asistir todas as persoas que o desexen. As mulleres participantes (dúas nais de alumnos e unha veciña do Concello), ás que agradecemos a súa intervención, serán:
1. Estrella Ramos González- Gandeira e axente de substitución. 
2. Pilar Díaz Fernández- Veterinaria
3. Manuela Vázquez Queizán- Enxeñeira Técnica Agrícola.