Actividades de secundaria

CONCURSO ESDELIBRO

A profesora Cristina González Grandas coordinou os traballos do alumnado de 4º de ESO para participar no concurso ESDELIBRO.

Achégase arquivo do traballo de Andrea Varela e Belén Corbelle sobre O papel da muller na música galega. As autoras realizaron diversas entrevistas ás cantantes galegas, facendo un gran traballo de investigación. Agradecemos a colaboración de todas elas.

SAMB, Mc GUEE E VAN MIJK, XOGADORES DO BREOGÁN, VISITAN O CPI DE CASTROVERDE

Os tres xogadores do Ribeira Sacra Breogán compartiron aula cos rapaces e profesoras do noso centro. Samb colaborou nas clases de francés en 1º da ESO, e Mc Ghee e Van Wijk nas de inglés de 3º de ESO. Ademais de practicar idiomas, tamén houbo tempo para o baloncesto na pista do colexio.

Na web do  C. B. Breogán atoparedes máis información e fotos da visita.

Todos quedamos encantados desta visita e agradecidos de que compartiran con nós un anaco do seu tempo.

 

TEATRO DO OPRIMIDO

TEATRO DO OPRIMIDO

Unha alumna do noso centro actuando no taller de Teatro do Oprimido

INTERCAMBIO CON LÁNCARA

Un curso máis os alumos e alumnas do noso centro forn a Láncara, na primeira xornada do intercambio que se realiza entre os cursos de cuarto de ESO.

       

Distribuir contenido