Actividades de secundaria

CONCURSO CLASES SEN FUME

CLASES

A clase de 1º de ESO do CPI de Castroverde obtivo un accesit no concurso Clases sen Fume e o premio consiste nun día de lecer en Aquapark. Parabéns!

PROGRAMACIÓN E SEGURIDADE NA REDE

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO visitaron Santiago de Compostela onde realizaron actividades de programción e seguridade na rede.

 

ÉRANSE MOITAS COUSAS...

Un agasallo inesperado.

Alumnos de Primaria e Secundaria están traballando e aprendendo moitas cousas sobre sí mesmos nun álbum ilustrado chamado "Éranse muchas cosas... cando...sorpresa! recibimos por correo... Un exemplar adicado pola autora!
 
Moitas gracias a Lupe Estévez por este agasallo para os alumnos de Castroverde que ten agora un lugar destacado na nosa biblioteca.

 

DÍA DA MULLER: O DEREITO Á DIFERENZA NON SE PODE CONFUNDIR COA DIFERENZA DE DEREITOS

08/03/2016 15:25

Mª Carmen Loureiro impartirá un taller dirixido ó alumnado de  2º, 3º e 4º de ESO no que se tratará sobre RAZONABILIDADE, CREATIVIDADE E SENSIBILIDADE...PARA SER CONSCIENTES DE QUE O DEREITO Á DIFERENZA NON SE PODE CONFUNDIR COA DIFERENZA DE DEREITOS. No taller abordaranse temáticas como: a presión dos iguais, o recoñecemento das emocións propias e alleas, autocontrol, empatía, resolución de conflitos, habilidades sociais,...

O taller terá lugar a partir das 15:25 horas no salón de actos do CPI de Castroverde.

Distribuir contenido