Actividades de secundaria

VIAXE A LUGO

 

O día 22 de maio os alumnos/as de 3º e 4ºESO foron visitar a Facultade de Ciencias do Campus Terra de Lugo, sendo recibidos polo Decano José Mª Martínez Ageitos. Primeiro explicáronlles en que consistían e que saídas tiñan os dous graos que se imparten alí “ Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais” e “Grao en Nutrición Humana e Dietética”, logo repartidos en grupos de 6 alumnos/as pasaron ós distintos laboratorios donde fixeron prácticas relacionadas coa Química e a Bioloxía , gustándolles especialmente a luminiscencia observada na reación do luminol con peróxido de hidróxeno en presenza dunha sal e medio básico. E o grupo de Bioloxía de 4º ESO tamén foi á Facultade de Veterinaria visitar o Departamento e laboratorio de Xenética.

 

 

CONCURSO ONCE

 

Os alumnos e alumnas da materia de valores de 3º de ESO gañaron o premio provincial da ONCE. Para velo, entra en Concurso Escolar da ONCE na categoría C. Dura un minuto. Na foto, os gañadores coas súas mochilas.

 

CÉSAR CAMBEIRO

César cambeiro compartiu cos alumnos de 1º e 2º de ESO un s momentos moi divertidos.

SAÍDA AO MUSEO INTEGRAL DA MAQUINARIA AGRÍCOLA CLÁSICA EN TRASLISTE, LÁNCARA.

Este mércores 26 de abril de 2017 tivo lugar a visita ao Museo Integrado da Maquinaria Agrícola Clásica na Casa de Vázquez, en Trasliste, Láncara. Asistiron os alumnos de 2º de PMAR, xa que están estudando a historia e a xeografía dende o coñecemento da agricultura e do tractor. 
Marcos Vázquez Marey guiou a estes alumnos a través dunha apaixoante viaxe pola historia do tractor, mentres lles ensinaba a exposición de 6 tractores clásicos situados nun pendello tipo feira, e máis de 100 miniaturas de máquinas agrícolas de todos os tempos, entre outras cousas. A colección está integrada nunha casa de labranza, cuxa produción se orienta, ademáis de ao autoconsumo á gandeiría de carne de primeira calidade, e tamén á produción de mazá ecolóxica para sidra.
Dende o CPI de Castroverde agradecemos a Marcos Vázquez Marey a súa contribución desinteresada á fomación  do noso alumnado, e a súa achega á valoración do rural e do patrimonio galego.

Distribuir contenido