Xerais do centro

Actividades do centro

MAGOSTO

 Coma os anos anteriores, celebramos o magosto todos xuntos no patio, comendo castañas e pasándoo ben.
 

magosto

Viaxe á neve

00/00/

Os alumnos de 4º de ESO están de viaxe en Andorra.

Mira que ben o pasaron o ano pasado.

 

A21 ESCOLAR

 
O CPI CASTROVERDE pertence á rede de centros A21 Escolar de Galicia. Un programa que busca implicar aos centros de ensino galegos na educación para a sostibilidade.

Ponte nas ondas

5º primaria

O alumnado de 5º curso de primaria do CPI de Castroverde realizou un programa de radio para "Ponte nas Ondas", que será emitido o vindeiro 6 de xuño a través da internet. O obxectivo era analizar os cambios que se foron producindo na comarca atendendo ás melloras no transporte e nas comunicacións e reflexionar sobre a incidencia de esta circunstancia na modificación dos hábitos de vida. Fotos  / Enlace ao audio 2008 

O son das buguinas

"O son das buguinas" é un libro solidario, "un xeito de transmitir a voz das persoas que non a teñen..."
Unha metáfora da escritura comprometida coa cooperación que invita a reflexionar sobre a necesidade dunha acción permanente na resolución da pobreza para evitar e previr desastres como a tsunami do 26 de decembro de 2004.
A asociación implicadas organiza Clubs de lectura que pretenden provocar a reflexión sobre os problemas que afectan ao mundo, como a inxustiza, a desigualdade ou a pobreza, a través da situación presentada nunha obra literaria.
Dende o venres 4 ata o lúns 21 de abril pódese visitar no CPI de Castroverde unha exposición sobre este traballo.

Distribuir contenido