Xerais do centro

Actividades do centro

REVISTA SEMENTEIRA 2011

O novo número da revista Sementeira xa se pode descargar aquí.

PORTADA

CELEBRACIÓNS DE FIN DE CURSO

Este fin de curso houbo actuacións dos alumnos do Conservatorio de Música e Danza de Lugo, xogos no patio, entrega de orlas aos alumnos que remataron 4º de ESO, coreogrfía, baile de salón, karaoke, fútbol, homenaxe de alumnos que se van aos seus profesores...


XOGANDO NO PATIO


Fotos

FESTA DA ANPA

Como ven sendo costume neste últimos anos, este fin de curso tivemos unha tarde de xogos no patio con hinchables, globoflexia e espuma. Pasámolo moi ben.¡Cando volverá ser fin de curso!



Fotos

"Gran a gran" presentación dos proxectos Axenda 21

O noso Salón de Actos convertiuse hoxe en sala de conferencias, onde un numeroso grupo de "expertos en medioambiente" presentou os proxectos desenvolvidos durante o curso:

  • O alumnado de 4º de Primaria aconsellounos sobre como manter comportamentos respetuosos co entorno na nosa vida cotiá.
  • O alumnado de 2º de Primaria falounos da maxia das árbores e contounos que se están a plantar cada vez máis eucaliptos (unha árbore prexudicial), mentres que cada vez hai menos castiñeiros e carballos.
  • O alumnado de 6º de Primaria presentou os instrumentos que construiron con materiais de refugallo, despois de reflexionar sobre o lema "Pensa antes de tirar, se podes reutilizar".
  • Por último, Tamara e Noel, de 3º de ESO, faláronnos sobre os cogomelos, como coidar as zonas nas que medran e como realizar unha correcta recolección.

FOTOS

LETRAS GALEGAS

O día 13 de maio celebramos o día das Letras Galegas. Houbo recitado de poemas, lendas, música e cancións de Lois Pereiro e outros autores traballados nas aulas durante o curso. Na foto os alumnos e alumnas de educación infantil están cantando "A Vaca Marela".



FOTOS

Distribuir contenido