Xerais do centro

Actividades do centro

XUNTANZA de PRIMARIA "O ALUMNADO É O PROTAGONISTA" (Axenda 21 Escolar)

As nenas e nenos de 2º e 4º de Primaria participamos na Xuntanza "O alumnado é o protagonista" organizada por Axenda 21 Escolar que tivo lugar o día 23 de maio no CEIP de Xermade. Nesta actividade tivemos a oportunidade de mostrar os nosos proxectos "A maxia das árbores" e "Do you want to be green?" aos compañeiros e compañeiras dos centros de Xermade, Gregorio Sanz de Ribadeo e Virxe do Carme de Burela, e coñecer os proxectos que fixeron eles. Ademais, ao longo da xornada, tivemos outras actividades relacionadas co coidado do noso medioambiente, como un contacontos, unha xincana interactiva e varios xogos.

Kits Educación en Valores

Dende o comezo do mes de abril estase a desenvolver na etapa de primaria un programa de educación en valores editado pola "Fundación La Caixa"no que se propoñen distintas actividades relacionadas coa identidade, a responsabilidade e a convivencia. Un programa plantexado polo observatorio para a convivencia que pretende orientar a intervención dende a perspectiva da prevención primaria.

 

MIGUEL HERNÁNDEZ

Con motivo de celebrarse no 2010 o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández, desde o Club de Lectura do CPI de Castroverde organizáronse sesións de recitado e escenificación dos seus poemas na biblioteca do centro.


MiguelzHernández


Estas son mostras do que compartimos:


COLORADO, COLORÍN


ANDALUCES DE JAÉN


EL SILBO DEL DALE


EL CORAZÓN ES AGUA


CON DOS AÑOS, DOS FLORES


LAS NANAS DE LA CEBOLLA


  YO QUISIERA, QUISIERA


EN CUCLILLAS ORDEÑO


EL MAR TAMBIÉN ELIGE


EL NIÑO YUNTERO Y EL SOL, LA ROSA Y EL NIÑO


CANCIÓN DE GUERRA


EL CONEJITO


LA GUERRA MADRE, LA GUERRA


EL PEZ MÁS VIEJO DEL RÍO


APUNTES DA VIDA DO AUTOR


POEMA TODOS XUNTOS


 PASTORIL


EL POTRO OSCURO

ENTROIDO 2011

O xoves 3 de marzo celebramos o Entroido. Os alumos e alumnas de 2º de Primaria representaron a obra "A rebelión dos electrodomésticos"para Infantil e Primaria. Logo saímos ao patio para bailar e probar doces de entroido. A ANPA do CPI de Castroverde ofreceunos esta degustación da que disfrutaron ao final da tarde toda a ESO.

entroido

ABRAPALABRA

O 25 de xaneiro o mago Carlos Coria fíxonos rir a gargalladas co seu espectáculo de maxia ABRAPALABRA. Como podedes comprobar nas fotos, non nos aburrimos nada. E ademáis regalounos un libro a cada un para que poidamos aprender a facer os seus trucos e moitos máis.

público

 

 

Distribuir contenido