Xerais do centro

Actividades do centro

¿SABÍAS QUE PAPÁ NOEL ESTIVO NO COLE DE CASTROVERDE?

 Papá Noel en Segundo

Podes comprobalo con esta foto, pero aínda temos moitas máis.

Pincha aquí para ver as outras.

NADAL 2010

O 22 de decembro celebramos o inicio do nadal coa celebración dun festival no que houbo teatro, panxoliñas, chistes e incluso receitas. Cando rematamos disfrutamos dun xantar especial con marisco, pizza e postres típicos destas datas.

festival

Fotos do festival

 

MAGOSTO 2010/11

No mes de outubro tivo lugar no Centro o Magosto onde viñeron pais e compartimos entre todos as castañas que trouxeron os nosos nenos para a festa. Pasamos unha tarde boa e mesmo algúns rapaces con Cándido aproveitaron para cantar e tocar o acordeón. Non faltou de nada, mesmo tiñamos un pequeño mercadillo con cousas feitas polos alumnos de 4ºEso para ter cartos para a súa excursión á neve. Tamén entregáronse os premios da festa de Alojen e fíxolles ilusión tanto os pais coma os seus fillos. Unha boa xornada de unión entre tódolos menbros da Comunidade escolar.

magosto

Ver máis fotos

FESTA DE FIN DE CURSO

Celebramos o fin de curso cunha ceremonia de despedida aos alumnos de 4º da ESO na que todos e todas estaban moi elegantes. Tamén tivemos partidos, actuación de alumnas e alumnos do conservatorio, dúas obras de teatro de 4º de Primaria, karaoke e únha actuación musical dun grupo de alumnos e alumnas do centro.

Cuarto da ESO

DÍA DAS LETRAS

O 14 de maio celebramos o Día das Letras cunha sesión de contacontos para educación infantil. Simultáneamente alumnos e alumnas de 1º da ESO, representaron unha obra de teatro de sombras e outra obra orixinal.A continación houbo recitado de poemas e escenificación dun conto de Uxío Novoneyra a cargo de diferentes grupos de primaria e dúas cancións interpretadas polos alumnos e alumnas de educación infantil e quinto de primaria respectivamente.

Contacontos

Ver máis fotos.

Distribuir contenido