Skip to Content

Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

O pasado xoves 19 de marzo os alumnos e alumnas de 1º ESO fomos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, que está situado nunha das áreas máis ricas en petróglifos do noso pais.

Alí nos explicaron un montón de cousas sobre eles, dende o seu posible significado ata como eran e como vivían as xentes que os gravaron. Ademáis participamos nun obradoiro para aprender a facer lume tal e como o facían naquela época. Un dos nosos compañeiros, Andrés, conseguiu prender lume e asegúrovos que non era nada doado.

 

 

 

 Se queredes ver máis fotos premede aquí.

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar 682 prazas para realizar actividades de formación en línguas estranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato no ano 2015. O prazo de solicitudes comeza o 17 de marzo e permanecerá aberto ata o 16 de abril (ambos incluídos). No seguinte enlace podedes atopar toda a información necesaria.

     Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015.

Día Internacional da Muller

Para conmemorar o 8 de marzo o alumnado de Educación Primaria homenaxeou a tódalas mulleres decorando así unha parede do noso corredor principal.

                                                     

Na percura do tesouro

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiron á obra didáctico-musical “Na percura do tesouro”, que trata as tradicións orais transmitidas dos nosos antepasados (rituais, actos festivos, coñecementos sobre a natureza e o universo, artesanía tradicional, ...) . Ensináronnos instrumentos tradicionais da nosa cultura, como o acordeón , a zanfona ou a requinta ; falaronnos das regueifas, dos cancioneiros e das cantigas. Todo isto a través dunha interesante historia de lendas e enigmas.  

                                       

STOP ACOSO

 No CPI Aurelio Marcelino Rey García cada día traballamos pola mellora da convivencia, queremos que todos os membros deste centro nos sintamos a gusto e en harmonía. Por iso queremos presentarvos o “Decálogo para combater o Acoso Escolar” que foi elaborado polo alumnado deste centro, dende 3º ciclo de primaria ata 4º de secundaria, dentro da campaña que cada ano desenvolvemos para combater esta terrible problemática.

Neste documento recóllense dez recomendacións que poden servir de guía, primeiro, para evitar que haxa acoso escolar, e segundo, para apoiar e axudar a persoa que está sufrindo esta situación.

Agardamos que a súa lectura provoque unha reflexión ao respecto, porque mellorar a convivencia é responsabilidade de todos.

                                                                                             Decálogo para combater o acoso escolar   

XOGADE: Baloncesto, Voleibol, Balonmán e Fútbol

O alumnado benxamín (3º e 4º de Educación Primaria) e o alevínl (5º e 6º de Educación Primaria) xa comezaron o calendario de encontros deportivos cos colexios da zona.

Portas, Catoira, Caldas e Cuntis xogarán (ata o mes de maio) a baloncesto, voleibol, balonmán e fútbol sala.

O arquivo que se adxunta informa das datas das competicións.

Algúns encontros xa se realizaron, se pinchades na foto poderedes ir vendo o ben que o pasamos.

                 

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO 2015-2016

 

 PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2015-2016

 

O prazo de admisión para o curso 2015-2016 abrangue desde o 2 ata o 23 DE MARZO  (*De acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

  

  RESERVA DE PRAZAS PARA O COMEDOR ESCOLAR 2015-2016

 

O prazo de reserva de prazas para o comedor escolar para o curso 2015-16 abrangue dende o 2 ata o 23 de marzo.

 

►  REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO NOVO NO CENTRO

 

O VINDEIRO MARTES 10 DE MARZO ÁS 17:00 HORAS REUNIÓN INFORMATIVA E VISITA POLAS INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO.

 

CONFERENCIA ANGEL CARRACEDO : OS MISTERIOS DA XENÉTICA

                                                      

O pasado martes foi un día especial na historia do CPI Aurelio Marcelino Rey García. Visitounos unha eminencia galega no eido da medicina forense. Nado nas terras do Xallas, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, e catedrático de Medicina Legal da mesma universidade.

O seu currículo é tan extenso como impresionante, só ao alcance de poucas persoas dotadas coma el dunha capacidade de estudo, esforzo e tenacidade capaces de vencer a maioría dos atrancos que xurden na investigación científica.

A creatividade, o afán de superación e a visión de futuro que o caracterizan, levárono á vangarda dos estudos relacionados coa xenética, sendo pioneiro, desde o Instituto de Medicina Legal de Santiago que dirixe, na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante a xenética molecular, técnicas que se implantaron de forma rutinaria nos laboratorios de todo o mundo.

Participou en máis de tres mil pericias e foi requerido, xunto cos seus colaboradores, en casos famosos como o atentado das torres xemelgas de Nova York o 11-S, os atentados de Madrid do 11-M ou a identificación das víctimas do tsunami do sudeste de Asia, entre moitos outros.

Dos numerosos premios de investigación que se lle concederon destacamos o Premio Rey Jaime I, outorgado por 20 premios Nobel, o Premio Novoa Santos, concedido polos médicos galegos, a Medalla de Galicia, a Cruz ao Mérito Policial e o Premio Galicia de Investigación.

Tamén é un escritor prolífico de divulgación científica, publicou dez libros e máis de 340 artígos nas revistas máis destacadas das ciencias médicas, como “Nature” e “Science”, entre outras.

As cualidades científicas de Ángel Carracedo non se poderían entender sen o seu perfil humano. Evita o personalismo e repite, á menor ocasión, que moitos dos méritos que se lle otorgan corresponden ao traballo do seu equipo. Ademais sempre recoñece o mérito dos seus colaboradores cando é distinguido con premios de enorme relevancia nacional e internacional.

Na actualidade coordina a investigación coa labor docente, pois é profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

 Da súa labor investigadora cabe destacar o seu traballo en áreas como:

  • As xenéticas forense, clínica e de poboacións

  • A farmacoxenética: para acadar fármacos específicos en función do perfil xenético de cada paciente

  • A oncoloxía clínica: para a identificación dos xenes do cancro de colon, mama e tiroides

  • A dos trastornos xenéticos: para a detección das bases moleculares da esquizofrenia ou da depresión postparto

  • A neuroxenética: na búsqueda de mutacións relacionadas co alzheimer ou na identificación dos mecanismos moleculares asociados á migraña

  • Ou a cardiovascular: co estudo das variacións xenéticas asociadas á morte súbita cardíaca.

Para rematar so dicir que tivemos ante nós un exemplo de que a determinación dun rapaz nado nunha vila como a nosa, pódeo levar ata o cumio da súa disciplina de traballo, demostrando que a igualdade de oportunidades que persegue o noso sistema educativo público, é non só posible, senón amosable. De nós depende aprender da humildade deste home e tomar a súa boa laboura científica, coma un dos nosos modelos a seguir.

Esperamos que a desfrutarades.

 

ENTROIDO 2015

O pasado venres 13 de febreiro celebramos no colexio o xa tradicional desfile e concurso de disfraces, así como a degustación de todas as ricas sobremesas de entroido que tan amable e xenerosamente nos agasallan as familias dos nosos/as rapaces cada ano. Desta volta a temática dos disfraces foi a Educación Vial que levamos traballando dende fai tempo nas aulas cos raparigos e raparigas.

Se non tivestes oportunidade de participar do noso desfile en directo e comprobar o moito que traballaron os vosos fillos e fillas coa axuda dos seus mestres/as, non deixedes de visitar a nosa galería de fotos ou premede na foto seguinte.                                                      

                                                                     

Recíclate con Sogama: Un partido polo planeta

Recíclate con Sogama é un dos Plan Proxecta no que o noso centro esta a participar. Por iso, durante dúas semanas o alumnado de EP e ESO poderá xogar cun taboleiro e unhas fichas xigantes que nos envían.

É unha actividade para concienciar sobre a importancia da Educación Ambiental e o compromiso cos 3 R ( reducir, reutilizar e reciclar).

                                                          

Distribuir contido


by Dr. Radut