Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL

O venres 19 a partir das 10:15 dará comezo o noso festival de Nadal. O alumnado de Educación Infantil e Primaria poñerá en escea as súas habilidades rítmicas e expresivas. Estade moi atentos. Este é o programa

.

 

 

Charla Asociación AVANZAR

Un ano máis, con motivo da celebración do dia da discapacidade o 3 de decembro, contamos no noso centro coa visita dos membros da Asociación Avanzar para contarnos as súas experiencias. Premendo nas fotos ou visitando a nosa galería de imaxes podedes ver algún dos momentos máis significativos da xornada. 

 

CAMPO A TRAVÉS

O pasado mércores o alumnado de 2º a 6º de EP participou na competición zonal do campo a través incluido no programa XOGADE. Desplazámonos a correr a Portas e os resultados non estiveron nada mal. Se queredes ver máis fotos premede na imaxe.

         

25 de Novembro. O CPI de Cuntis contra a Violencia de Xénero

                                

SEMANA DA CIENCIA

Durante o mes de novembro, entre os días 3 e 7, celebramos no CPI Aurelio Marcelino Rey García a 1ª Semana da Ciencia, que tivo unha moi boa acollida por parte do alumnado, motivo polo que esperamos levar a cabo novas edicións ao longo dos vindeiros cursos. As actividades que realizamos foron as seguintes:

- Exposición de minerais, rochas e fósiles

- Experimentos de laboratorio durante os recreos de primaria

- Videoconferencia do día da ciencia en galego no ensino

- Exposición e charla sobre cogumelos

- Charla sobre apicultura

- Obradoiros de reciclaxe

Dado o interese amosado polo alumnado cara esta iniciativa, gustaríanos que ademais de ter continuidade, podeira contar coa participación de toda a comunidade educativa.

COCIDO SINFÓNICO

O martes 11 de Novembro os alumnos de 1º e 2º de primaria fomos a ver a obra “Cocido Sinfónico” da compañía Os tres tenedores . Trátase dun espectáculo que mestura teatro, humor e música.

As portas deste peculiar restaurante abríronse para ofrecernos as músicas máis saborosas acompañadas dos pratos máis suculentos e innovadores.

Pasámolo moi ben: rimos moito e gozamos da escoita da música interpretada en directo.

Se queredes ver fotos premede aquí.

MAGOSTO 2014

      Este venres 14 de novembro celebramos no colexio a nosa festa do MAGOSTO con Xogos Tradicionais, Obradoiros, Teatro e para rematar degustamos unhas saborosas Castañas Asadas. Botádelle unha ollada ás fotos que fixemos premendo en calquera delas ou visitando a nosa galería de fotos.

VISITA AO RÍO GALLO

  O pasado xoves 23 de Outubro os cativos e cativas de Infantil fixeron unha   visita ao río Gallo como parte do traballo que están a desenvolver dentro do Proxecto Ríos. Antes de comezar co traballo de búsqueda e recollida de material para a aula repuxeron forzas tomando a súa merenda e xogaron un chisquiño a carón do río.

Qué ben o pasaron investigando a beira do noso río!

Podedes botarlle unha ollada ás moitas fotos que fixeron as mestras premendo nelas ou visitando a galería de fotos.

VIVIR EN SAÚDE NO COLEXIO

 

Este xoves 30 de outubro o alumnado do primeiro e segundo ciclo de primaria desfrutaron dunha actividade na que aprenderon dun xeito divertido o importante que é ter unha alimentación saudable e facer un chisquiño de exercicio para medrar e triunfar coma campións e campionas na nosa vida diaria.

Tiramos moitas fotos nesta xornada e podedes velas premendo nesta foto ou entrando na nosa galería de fotos.

 

EXPOSICIÓN CABAZAS 2014

 

Unha ano máis chegou o Samaín ao noso colexio e con el a esperada exposición das cabazas que con tanta ilusión fan os nosos cativos e cativas coa axuda das familias; tampouco nos podemos esquecer dos traballos de Halloween que fixeron os raparigos e raparigas da nosa sección bilingüe de terceiro de primaria para completar a fantasmal decoración.

Podedes botarlle unha ollada ás fotos que tiramos premendo na foto ou entrando na galería de fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut