Skip to Content

Entroido 2015

                                                 

Educación Vial para os máis pequenos

O luns 9 e o martes 10 de febreiro o alumnado de Educación Infantil e Primeriro Ciclo de Primaria pasouno moi ben transformándose en condutores duns vehículos moi especiais.

Aprenderon cos sinais de tráfico e a circular con precaución. Esta é unha mostra do ben que o pasaron:

                                                     

                     Pincha na foto se quere ver máis.

VII CONCURSO de MICRORRELATOS e MICROPOEMAS "TERRAS do UMIA"

 A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o VII concurso de microtextos (curso 2014-2015). Poderán participar  todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

Bases do concurso:

-Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.

-Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro.

-Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.

- A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “cincocentas”.

- Os traballos deberán entregarllos aos integrantes do EDLG do centro, previa selección de dous textos por grupo. No texto presentado debe constar o nome e apelidos do/a participante, o curso, o centro, así como a categoría á que pertence.

- O prazo límite para entregar os textos será o martes, 18 de febreiro e cada centro escollerá dous finalistas por categoría e presentará os textos “corrixidos”.

 

                                 Categorías:

                                 A: Infantil

                                 B. 1: 1º ciclo de primaria.

                                 B. 2: 2º ciclo de primaria.

                                 B. 3: 3º ciclo de primaria

                                 C: Secundaria

                                 D: Bacharelato.

                                 E: Profesorado, persoal non docente e familias.

 

Premios: Cada centro outorgará os premios que considere oportunos aos seus finalistas. Un xurado designado pola coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos distintos centros concederá un premio comarcal por categoría . Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.

Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nas páxinas webs ou blogs dos centros educativos participantes,  así como nas respectivas revistas escolares.

30 de xaneiro Día da Paz

Para conmemorar o Día da Paz o alumnado de Educación Infantil e Primaria elaborou un tren pola Paz.

En cada un dos seus vagóns podemos atopar información sobre tres personaxes galardoados co Premio Nobel.

Os elexidos foron: María Teresa de Calcuta, ONG Médicos sen Fronteiras e Malala Yousafzai.  

                      

 

Xornadas de Educación Vial

O luns 26 e o martes 27 realizanse no noso centro actividades relacionadas coa Educación Vial. Dende 3º de EP ata 2º de ESO o alumando disfrutará conducindo un kart e facendo de peóns nun circuito construido no pavillón.

A Dirección Xeral de Tráfico e Policía Local de Cuntis fai posible esta actividade que consta de unha breve charla e un obradoiro sobre como circular con seguridade cumprindo as normas e respetando as sinais.

                                    

 

Prácticas na Aula Taller co alumnado de 6ºEP

Para que os contidos de coñecemento do medio quedasen máis claros o alumnado de 6º de EP realizou unhas prácticas de Electricidade na Aula Taller. Os compañeiros de 3ºda ESO de PDC foron os encargados de guialos para construir circuitos eléctricos e comprobar como funcionan.

Concerto Son+D2 e visita ao Museo de Historia Natural

O pasado venres 16 de xaneiro o alumnado do terceiro ciclo de EP visitou a cidade de  Santiago para asistir ao divertido concerto didáctico do grupo Son+D2. Alí gozaron da música en directo escoitando distintos estilos musicais. Despois visitaron o Museo de Historia Natural, onde viron unha gran variedade de animais e minerais . Pasáronno moi ben!

 

 

Visita Francisco Castro

                                                         

O día 1 de decembro visitou o noso centro o escritor Francisco Castro, autor das obras que leu nesta primeira avaliación o alumnado de 1º e 2º ESO, Chamádeme Simbad e O corazón da Branca de Neve, respectivamente. Nesta xornada as alumnas e alumnos non só puideron coñecer mellor á persoa que deu orixe aos libros que leron, senón tamén as razóns das que xurdiron esas historias, das que eles mesmos non están tan afastados e que lles deixaron ver que próximas están ás veces ficción e realidade.

FESTIVAL DE NADAL 2014

O pasado venres 19 de decembro os nenos e nenas do noso colexio fixeron gala das múltiples cualidades artísticas que posúen. Moitas grazas a tódalas familias que nos acompañastes, e ás que non puidestes facelo, non perdades a oportunidade de compartir con nós unhas imaxes e vídeos que fixemos con moito cariño o profesorado dos vosos/as cativos/as. Podedes botarlle un ollo premendo no noso querido Apalpador ou visitando a nosa galería de fotos e vídeos.

                                                                                         VIDEOS E FOTOS

Visita dos Paxes dos Reis Magos

O xoves 18 de decembro, xustiño antes das vacacións de Nadal, visitáronnos no colexio uns persoeiros moi esperados: Os Paxes dos Reis Magos. Os cativos e cativas de Infantil e primeiro de Primaria conversaron e fixeron as súas peticións a tan ilustres visitantes. Premede nas fotos ou visitade a nosa galería de fotos e veredes as cariñas dos nosos raparigos e raparigas.

Distribuir contido


by Dr. Radut