Skip to Content

REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro luns 8 de setembro ás 12:00 horas na sala de usos múltiples do centro terá lugar a reunión informativa para

as familias do alumnado de educación infantil.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2014

O CALENDARIO DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014 desenvolveráse nos días 1 e 2 en horario de 8:45 a 13:45 hs.

En arquivo adxunto aparece o detalle de cada exame.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-15

NOTA INFORMATIVA

NON MERCAR NINGÚN LIBRO DE TEXTO NIN MATERIAL ESCOLAR ATA O MES DE SETEMBRO CANDO O ALUMNADO TEÑA ASIGNADO O GRUPO E PROFESOR/A CORRESPONDENTE.

MOITAS GRAZAS

MATRÍCULA CURSO 2014-15

O alumnado do centro deberá presentar debidamente cuberto o sobre de matrícula que lle será entregado no centro.

Os alumnos/as de nova incorporación poderán recoller e entregar o sobre de matrícula na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes (Orde do 10 de marzo de 2013, DOG nº 53):

·        

Alumnado de Educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño.

·        

Alumnado de Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Festival Fin de Curso

FOTOS VIDEOS
 

Información para a comunidade educativa


Estimadas familias:

 

Como saben, no marco do Plan de Mellora que estamos a desenvolver no centro, durante o mes de maio pedímoslles ás familias, ao alumnado e ao profesorado que cubrise unha enquisa.

A participación por cada un dos seguintes sectores foi a seguinte:

 

Familias

75 %

Alumnado

100 % (de 3º EP a 4º ESO)

Profesorado

73 %

Plan de Mellora

 

ENQUISAS FAMILIAS   ENQUISAS ALUMNADO   ENQUISAS PROFESORADO
                                    
         

CONCLUSIÓNS

 

CONCLUSIÓNS

 

CONCLUSIÓNS

Acto Despedida 4ºESO

     

 

Certame poético Carme de Xinzal

O martes 17, no salón de actos do CPI Aurelio Marcelino,  fíxose entrega dos premios do certame poético Carme de Xinzal organizado pola asociación cultural O Fervedoiro. O cantautor cuntiense Manoele de Felisa amenizou o acto.

O fallo foi o seguinte:

3) Pola defensa directa da liberdade de expresión e a liberdade de ensino, así como pola clara crítica ao elemento censor; cumprindo todas as bases, resulta galardoado co 3º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal o autor da composición Censura, asinada polo Rapaz do Quinteiro; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Abraham Argibay González, alumno de 2º da ESO.

2) Pola forza transmitida e o xogo de imaxes, polos recursos estilísticos (paralelismos, metáforas,…) e incluso polo ritmo que xeran os seus versos; cumprindo todas as bases resulta galardoada co 2º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora do poema Ninguén, asinado por Vento que sopra do norte; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Laura Lobato, alumna de 3º da ESO.

1) Polas metáforas, pola gran forza visual que transmite, polo xogo que se xera ao comparar a liberdade de expresión cun merlo que pode ser apresado nunha gaiola, e incluso polo suspense e intriga coa que nos deixa de non facemos uso –nós, os seres humanos– dos dereitos que nos son propios; e cumprindo todas as bases resulta galardoada co 1º Premio do II Certame Poético Carme de Xinzal a autora da composición Branco, asinada por Eire; que aberta a súa plica resultou ser o pseudónimo de Regina Touceda Rey, alumna de 3º da ESO.

 

 

           

Festival 4º ESO - Excusión de Fin de Curso

Distribuir contido


by Dr. Radut