Skip to Content

SAMAÍN 2015

Un ano máis chegou o Samaín ao noso centro e todos os nenos e nenas fixemos unha chea de actividades para coñecer, apreciar e celebrar unha festa tan nosa.

O alumnado de Infantil, coa colaboración e creatividade das súas familias, fixo a súa exposición de cabazas no corredor principal e os compañeiros e compañeiras da Sección Bilingüe de Língua Inglesa de terceiro de primaria decoraron cos seus traballos de Halloween dita exposición. 

Visitade a nosa galería de fotos ou premede nas seguintes imaxes para que vexades que ben quedou o resultado desta colaboración entre etapas e cursos.

                                                              

ESPAZO TOTAL

Temos novo blog para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria. Chámase ESPAZO TOTAL.

Aquí tedes a súa dirección:     espazototal@blogspot.com

Tamén podedes facer clic sobre a dirección para ir directamente ao blog.

Preguntarédesvos: que imos encontrar nel? Pois diferentes actividades que fagan os nenos e nenas de terceiro e cuarto no colexio como excursións ou actuacións, pero tamén actividades levadas a cabo na aula. Ademais teredes enlaces a outras páxinas e xogos para repasar o aprendido e moitas cousas mais.

Non vos olvidedes de que podedes comentar calquera publicación.

 

FROITOS DE OUTONO 2015

Os nenos e nenas de Educación Infantil, coa axuda dos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto de Primaria e coa máis que inestimable colaboración das familias, celebramos a chegada do outono cunha grande merendola no colexio.

Dentro do programa Aliméntate Ben, un dos Plan Proxecta nos que participa o noso centro, atópase esta actividade que realizamos o pasado venres 16 de outubro; degustamos un montón de froitos do outono e incluso varios biscoitos que nos agasallaron os pais e nais do noso alumnado.

Botádelle un ollo ás fotos que nos fixeron as nosas mestras para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e canto aprendemos.

                                                               

Proxecto Ríos. 1ª Inspección ao Río Gallo

O pasado 21 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha saída ao río Gallo para coñecer o seu "estado de saúde".

Acompañados por un educador ambiental da asociación ADEGA e dentro do Proxecto Ríos analizaron diferentes parámetros: características físico-químicas (ph, nitratos,..), a flora, fauna (presencia de macroinvertebrados), o caudal, os impactos medioambientais, etc ...

Esto é unha mostra do interesante que resultou.

        

Reunión Familias de Educación Primaria

O vindeiro martes día 15 de setembro terá lugar na Sala de Usos Múltiples do CPI Aurelio Marcelino Rey García a reunión de principio de curso para Educación Primaria.

As horas establecidas por cursos serán as seguintes:

  • 3º e 4º Curso de EP 16:00 hs.

  • 5º e 6º Curso de EP 17:00 hs.

  • 1º e 2º Curso de EP 18:00 hs.

No transcurso desta reunión trataranse temas de interese para o funcionamento do curso escolar 2015-2016 polo que é conveniente a súa asistencia e participación na mesma.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016

Podedes consultar a Listaxe de Libros de Texto para o curso 2015-2016 no arquivo adxunto ou na porta principal do colexio.                                                            

 AVISO IMPORTANTE

NON MERCAR NINGÚN LIBRO DE TEXTO NIN MATERIAL ESCOLAR ATA O MES DE SETEMBRO CANDO O ALUMNADO TEÑA ASIGNADO O GRUPO E PROFESOR/A CORRESPONDENTE. MOITAS GRAZAS

LISTAXE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016

ADXUDICACIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

3º e 5º de PRIMARIA

 

De acordo coas instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto ( Orde do 21 de maio de 2015- DOG do 01-06-2015procedemos a facer públicas na porta principal do centro as listaxes de solicitudes correspondentes a 3º e 5º de Primaria.

**AVISO IMPORTANTE: As persoas solicitantes admitidas nestas listaxes terán que pasar polo centro asinar un documento de compromiso de devolución do material curricular recibido en bo estado ao finalizar o curso 2015-2016.

*Ao inicio do próximo curso, setembro de 2015, e unha vez asinado o documento de compromiso, entregaranse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao fondo solidario.

 

Seguindo as mesmas instrucións da Consellería e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de 2º e 4º da ESO de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

Festival Fin de curso 2015

 

Podedes botarlle un ollo ás actuacións e fotos do festival premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos e vídeos.

            BO VERÁN           

                                   FOTOS                                                                                                           VIDEOS

 

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2015

O CALENDARIO DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014 desenvolveráse nos días 1 e 2 en horario de 8:45 a 13:45 hs.

En arquivo adxunto aparece o detalle de cada exame.

ACTO DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO

O pasado martes 17 de xuño fixemos na Sala de Usos Múltiples do noso centro un Acto deDespedida do alumnado de 4º da ESO. Sacamos moitas fotos e gravamos uns vídeos cos que poder lembrarvos cando emprendades o voso camiño xa fóra deste voso centro.

Premede na seguinte foto ou visitade a nosa galería de imaxes e vídeos se queredes velas.

                                                   

Distribuir contido


by Dr. Radut