Skip to Content

EXPERIMENTOS

Rematou o noso mes da ciencia no que tamén participaron este ano os máis pequenos. Os experimentos que lles enseñaron os maiores foron sobre aire e flotación pero, ademais diso, creamos unha erupción volcánica.

   3 anos                                                              4 anos                                                           

    

  5 anos                                                              

    

    2º                                                                        Volcán                          

    

 

Aquí tedes tamén un enlace ao vídeo do volcán en acción:     Vídeo volcán

UN PARTIDO POLO PLANETA

O domingo 29 de novembro culminou a Semana Europea da Prevención de Residuos 2015 que se vén celebrando desde o sábado 21.

No CPI Aurelio Marcelino Rei García tivemos a sorte de contar co xogo xigante “Un partido polo planeta”, xestado conxuntamente pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. O taboleiro reproduce un campo de fútbol no que os equipos avanzan cara a portería contraria co ánimo de marcar gol. Pero para iso, deben superar unha serie de probas nas que deixarán constancia da súa aprendizaxe e habilidades no referente a xestión do lixo de forma sostible.

Por último, destacar a visita durante a mañá do venres 27 do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López, ao noso centro para presenciar un dos nosos partidos.

Enlace a noticia:  Por unha Galicia sostible

Un partido polo planeta

Mary Tackett goes on teaching adventure in Spain

O CPI Aurelio Marcelino chegou ás Américas a través da nosa ben querida auxliar de conversa Mary Tackett.

Aquí vos deixamos unha foto dun xornal local no que podedes ver unha entrevista sobre a súa experiencia traballando nun colexio galego.

Grazas Mary ...

MAGOSTO NO AURELIO MARCELINO

Este venres 13 de novembro celebramos no colexio a xa tradicional festa do MAGOSTO con Xogos Tradicionais, Obradoiros, Teatro e para rematar degustamos unhas saborosas Castañas Asadas. Queremos agradecer a colaboración da ANPA O Baño e a todas as familias que nos proporcionaron as castañas para poñer fin a esta festa tan agardada polos nosos cativos e cativas.

Botádelle unha ollada ás fotos que fixemos premendo en calquera delas ou visitando a nosa galería de fotos.

   

Segunda convocatoria de axudas para o material escolar 2015-2016

Informamos ás familias que no día de hoxe, martes 10 de novembro de 2015, saiu publicado no DOG unha SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2015-2016 que podedes consultar na páxina da Consellaría ou no arquivo adxunto a esta nota informativa.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( ata o 24 de novembro).

MES DA CIENCIA NO CPI AURELIO MARCELINO REY GARCÍA

Por segundo ano consecutivo ímoslle adicar o mes de novembro á ciencia. Este ano repetiremos moitas das actividades que xa fixemos o curso pasado con moito éxito, por parte do alumnado, pero tamén imos incorporar actividades novedosas. Tedes toda a información no seguinte programa:

CONCERTO DIDÁCTICO : ACÁBATE LA SOPA

O martes 27 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil asistiron  ao concerto didáctico "Acábate la sopa" no Auditorio de Galicia . Ás veces non é fácil acabarse a sopa e, mentres o intentamos , a nosa imaxinación pode levarnos a outros mundos onde os personaxes aparecen en lugares inesperados e a música soa ao redor transformando a cociña nun espazo fantástico onde todo é posible.

                   

SAMAÍN 2015

Un ano máis chegou o Samaín ao noso centro e todos os nenos e nenas fixemos unha chea de actividades para coñecer, apreciar e celebrar unha festa tan nosa.

O alumnado de Infantil, coa colaboración e creatividade das súas familias, fixo a súa exposición de cabazas no corredor principal e os compañeiros e compañeiras da Sección Bilingüe de Língua Inglesa de terceiro de primaria decoraron cos seus traballos de Halloween dita exposición. 

Visitade a nosa galería de fotos ou premede nas seguintes imaxes para que vexades que ben quedou o resultado desta colaboración entre etapas e cursos.

                                                              

ESPAZO TOTAL

Temos novo blog para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria. Chámase ESPAZO TOTAL.

Aquí tedes a súa dirección:     espazototal@blogspot.com

Tamén podedes facer clic sobre a dirección para ir directamente ao blog.

Preguntarédesvos: que imos encontrar nel? Pois diferentes actividades que fagan os nenos e nenas de terceiro e cuarto no colexio como excursións ou actuacións, pero tamén actividades levadas a cabo na aula. Ademais teredes enlaces a outras páxinas e xogos para repasar o aprendido e moitas cousas mais.

Non vos olvidedes de que podedes comentar calquera publicación.

 

FROITOS DE OUTONO 2015

Os nenos e nenas de Educación Infantil, coa axuda dos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto de Primaria e coa máis que inestimable colaboración das familias, celebramos a chegada do outono cunha grande merendola no colexio.

Dentro do programa Aliméntate Ben, un dos Plan Proxecta nos que participa o noso centro, atópase esta actividade que realizamos o pasado venres 16 de outubro; degustamos un montón de froitos do outono e incluso varios biscoitos que nos agasallaron os pais e nais do noso alumnado.

Botádelle un ollo ás fotos que nos fixeron as nosas mestras para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e canto aprendemos.

                                                               

Distribuir contido


by Dr. Radut