Skip to Content

Último concerto na rúa a cargo dos alumnos do Conservatorio Profesional de música de Tui

O último concerto dos alumnos e profesores do Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui dentro do ciclo de concertos na rúa  terá lugar hoxe, xoves 8 de xullo no paseo da corredera (zona do palco da música) ás 19:30Serán os alumnos dos conxuntos de gaitas e saxos ademais de solistas de clarinete e violín do centro dirixidos polos profesores Eduardo Rodríguez e Jorge Vicente os encargados de deleitar con diferentes formacións e estilos musicais (folk, clásica, bso e jazz) a todo o público asistente.

Actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui

Hoxe, venres, 25 de xuño, ás 20 h na praza de Frómista, fronte ao Teatro Prinicipal, o Concello de Tui, a través da concellaría de Cultura, conmemorará o CXXX aniversario  dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891en Tui.

Resultados dos tribunáis para as probas de acceso ao 1º de Grao Profesional para o curso 2021/2022

  • Os aspirantes que obtiveron praza teñen o seguinte prazo para formalizar a matrícula para o curso 2021/2022:

                     "Do 23 ao 25 de Xuño" Na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:30 hs.

  • Os aspirantes que quedan en lista de reserva serán chamados polo centro no mes de setembro para realizar a matrícula no caso de que exista a posibilidade de crear algunha praza máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut