Skip to Content

9º e 10º Programa de Radio Tui dedicado aos novos talentos do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui

Hoxe, venres 11 de xuño pola mañán tivo lugar a emisión do décimo programa de "Radio Tui" dedicado a promover e dar a coñecer os novos talentos musicáis que se están a formar na actualidade no noso centro. Nesta ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a:

  • Patricia Dacosta González que ten 30 anos e cursa 4º de Escola na especialidade de Guitarra Eléctrica. As obras que interpreta son:  "Red baron (Billy Cobhan)" e "Sweet Alabama (Linird Skinird)"

Tamén houbo tempo neste programa para retomar a entrevista que por motivos técnicos non se realizou a semana pasada a Pablo Ameijeiras López que ten 16 anos e toca a Guitarra e Guitarra Eléctrica no 4º curso de Grao Profesional. Os temas que se reproduciron a semana pasada foron: "Un día de noviembre", de Leo Brouwer. (Guitarra Española) e “Call me the breeze” - Linird Skinird (Guitarra Eléctrica)

                        

 

NORABOA AOS DOUS POLO TRABALLO!



blog | by Dr. Radut