Skip to Content

Celebración do acto institucional do Concello de Tui para o 25N, día Internacional da Violencia contra as mulleres

Hoxe, 25 de novembro, ás 18:00 hs. na praza do concello terá lugar o acto institucional para conmemorar o día internacional da violencia contra as mulleres do Concello de Tui.

Nesta ocasión especial, o acto contará coa participación de dúas alumnas destacadas do centro: Laura Ramírez Fernández (violonchelo) e Lucía Ramírez Fernández (violín) acompañadas ao piano polo profesor do centro Jacobo González Álvarez. Esta formación interpretará arranxos dos temas "Color esperanza" de Diego Torres e "A porta violeta" de Rozalen.

O Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui súmanse así á loita contra a violencia machista e anima a todos os membros da comunidade educativa e persoas da comarca a participar neste acto!!

Renovación parcial do Consello Escolar 2021

     

A Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece que a renovación parcial dos seus membros terá lugar durante o próximo mes de novembro.

Segundo o artigo segundo de dita resolución, a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 22 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos.

A misión deste órgano é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento do conservatorio, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas (nais e pais, alumnado, profesorado, pas). A súa constitución é obrigatoria en todos os centros.

A partir do mes de novembro publicarase no centro e nesta web o calendario completo do proceso.

Animamos a presentarse a toda a comunidade educativa!:

  • Alumnos maiores de 14 anos do conservatorio.
  • Pais/Nais de alumnos matriculados no conservatorio para o curso 2021/2022 que non sexan maiores de idade.
  • Profesorado do centro.

CALENDARIO DAS ÚLTIMAS DÚAS SEMANAS DE SETEMBRO

 

     dúas últimas semanas de setEMBRO 2021

LUN.

MAR.

MÉR.

XOV.

VEN.

SÁB.

DOM.

20

21

22

23

24

25

26

 

 

ENTREGA DE HORARIOS NA ESCOLA DE MÚSICA*

 

SOLICITUDES DE CAMBIO HORARIO*

 

ENTREGA DE HORARIOS NO CONSERVATORIO PROFESIONAL*

 

SOLICITUDES DE CAMBIO HORARIO*

SOLICITUDES DE CAMBIO HORARIO*: ÚLTIMO DÍA

 

 

27

28

29

30

1

2

3

INICIO DAS CLASES NO CONSERVATORIO E ESCOLA

 

 

 

 

 

 

HORARIOS CLASES COLECTIVAS PARA O CURSO 2021-2022

*Os horarios do resto de materias entregaranse de xeito presencial a semana do 20 ao 24 de setembro. Para esta entrega de horarios avisarase a todos os alumnos da escola e conservatorio de xeito telefónico con antelación. O prazo para solicitudes de cambio de horario (tanto de materias grupais como individuais) concretarase a semana que ven (semana do 20 ao 24 de setembro)

ESCOLA DE MÚSICA

 

        

 

CONSERVATORIO PROFESIONAL

 

SESIÓN GRATUITA DE MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS DE ENTRE 5 E 6 ANOS (CLICK PARA ACCEDER)

                                         

Tal como demostran numerosos estudos científicos, a educación musical desenrola numerosas e importantes capacidades e valores para a educación integral dos alumnos, entre eles: 

  • Concentración.
  • Memoria.
  • Creatividade.
  • Psicomotricidade.
  • Traballo en equipo.
  • Valores de cooperación.
  • Esforzo.
  • Preserveranza.
  • Superación persoal.
  • Fomento da autoestima e autoconfianza.   
Distribuir contido


by Dr. Radut