Skip to Content

Blogues

Retorno da actividade lectiva presencial nas materias instrumentais de vento e canto a partir do venres 12 de marzo

Retorno da actividade lectiva presencial nas materias instrumentais de vento e canto a partir do venres 12 de marzo

Tal e como foi anunciado pola Xunta de Galicia o pasado mércores e ademais ven recollido na orde do 10 de marzo de 2021 que modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021, RENÓVASE A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL NO NOSO CENTRO "NAS MATERIAS DE INSTRUMENTOS DE VENTO E CANTO" A PARTIR DE HOXE, VENRES 12 DE MARZO.

Acto homenaxe polo día internacional da muller en Tui

Acto homenaxe polo día internacional da muller en Tui

Onte, 8 de marzo, tivo lugar dende o edificio dos antigos xulgados (Praza da Inmaculada) de Tui un acto homenaxe polo día internacional da muller moi emotivo coa participación de dúas das nosas mellores alumnas de piano: Dafne Piñeiro González (6º de GP) e Lurdes Quintela Tizón (6º de GP).

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 22 DE FEBREIRO

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 22 DE FEBREIRO

Tal e como foi anunciado pola Xunta de Galicia o pasado luns e ademais ven recollido na orde do 15 de febreiro de 2021 RENÓVASE A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL NO NOSO CENTRO A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 22 DE FEBREIRO.

Atendendo ao estipulado no último parágrafo do correspondente punto 4.2 da citada orde, cómpre lembrar que continúan suspendidas as actividades presenciais que impliquen utilización de instrumentos de vento e/ou exercicios de canto. En consecuencia, NON SE LEVARÁN A CABO DE XEITO PRESENCIAL:

-  Clases Instrumentais de vento madeira e vento metal do Conservatorio e da Escola.

-  A materia de Banda do Grao Profesional e o Conxunto de ventos da Escola de Música.

-  A materia de Coro do Grao Profesional.

- As materias de Conxunto e Música de Cámara do Conservatorio Profesional onde participe polo menos un instrumento de vento.

Polo tanto, TODAS ESTAS MATERIAS SEGUIRANSE A CURSAR DE XEITO TELEMÁTICO ATA NOVO AVISO.

Ademais, nas clases de Linguaxe Musical e Educación Auditiva e vogal da Escola de Música e do Conservatorio Profesional suprimirase temporalmente calquera actividade ou exercicio de canto.

 

O Equipo Directivo.

CESE TEMPORAL DA ACTIVIDADE PRESENCIAL DO CMUS PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI E ACTIVACIÓN DO ENSINO TELEMÁTICO

PECHE TEMPORAL Da actividade presencial do CMUS PROFESIONAL e da escola de música DE TUI E ACTIVACIÓN DO PROTOCOLO DE ENSINO telemático

Estimados/as pais,nais, alumnos e alumnas:

Debido ao aumento da incidencia da Covid-19 na poboación que estamos a experimentar nas últimas datas, a Consellería decretou á activación dende mañá mesmo (mércores 27) do “Plan de ensino virtual” nos diferentes centros de réxime especial, entre os que se atopa o Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Tui, en principio ata o vindeiro 17 de febreiro.

Na referida activación do “Plan de ensino virtual ante a covid-19”, cada titor/a e profesor/a das diferentes materias e especialidades, tanto instrumentais como de conxunto e teórico-prácticas, contactará e impartirá clases telemáticas ao seu alumnado a través das diferentes canles habilitadas para tal efecto: correo electrónico oficial, aula virtual, Zoom, Skype, Whatsapp, teléfono...

En canto aos horarios do CMUS Profesional e da Escola de Música de Tui, as clases telemáticas manterán o seu horario presencial actual rematando 5 e 10 min antes nas clases individuáis e colectivas respectivamente para realizar o cambio de conexión pertinente. De todos os xeitos e en caso de necesidade, o profesorado, en acordo co alumnado, podería levar a cabo modificacións en beneficio dos propios discentes.

No caso das materias teórico-prácticas e de conxunto, e sempre na procura da mellor atención posible do noso alumnado, o profesorado disporá de certo marxe para a organización das súas clases e actividades

modalidade de ensino virtual garantirá tamén o control de asistencia dos alumnos/as, a través da supervisión por parte do profesorado.

Atentamente:

O equipo directivo

CANCIÓN "JA JA JA DOS ALUMNOS DE MÚSICA EN MOVEMENTO DA ESCOLA (5 E 6 ANOS)

AS ALUMNAS E ALUMNOS DE MÚSICA EN MOVEMENTO DA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI PRESENTAN:

"JA, JA, JA"

5 ANOS

6 ANOS

Traballo final do primeiro trimestre da materia de Coro do CMUS TUI

AS ALUMNAS E ALUMNOS DA MATERIA DE CORO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI PRESENTAN:

"LET IT BE - THE BEATLES"

Audición de piano do luns 30 de novembro

Audición de piano do luns 30 de novembro

Nos enlaces inferiores desta páxina pódese ver e escoitar a primeira audición virtual de piano do curso 2020/2021. Éstes/as alumnos/as foron os/as intérpretes nesta ocasión. Noraboa a todos os participantes!!

Nombre

Apellidos

Curso

Obra/Autor

Pablo

Mirás Sánchez

2º GP

Sinfonía nº 4 (J. S. Bach)

Sonata nº 4 K. 282 (W. A. Mozart)

Adagio

Minuetto

Preludio op.3 nº 2 (S. Rachmaninov)

Anna Valentina

Ramalho Mykytyuk

2º GP

 

Sonata nº 16 K. 545 (W. A. Mozart)

Óscar

Mirás Sánchez

6º GP

Balada nº 1 op. 23 (F. Chopin)

María

Fernández

PC 4ºGP

 

Yesterday (Paul McCartney)

Lois

Rubén

Rodríguez

Ricón

3ºGP

1ºGP

 

Oye como va (Tito Puente)

Carlota

Santiago Valverde

4º GP

Nocturno (E. Grieg)

 

Concerto inauguración do IKFEM 2020

Concerto inauguración do IKFEM 2020

Hoxe, venres 2 de outubro ás 21:00 hs. no teatro da Área Panorámica de Tui terá lugar o concerto inauguración do VIII Festival de teclado da eurocidade TUI-VALENÇA 2020 (IKFEM) a cargo do Cuarteto Contratempus.

Este ano a organización do festival INVITA aos alumnos/profesores do centro que queiran a asistir a este gran concerto de inauguración.

Para poder asistir e recibir as vosas entradas vía email é necesario escribir un correo electrónico á seguinte dirección ANTES DAS 20:00 HS. DA TARDE DE HOXE:   

                                                    comunicacion@ikfem.com 

Neste correo é necesario dar a seguinte información:

  1. Indicar o nome e apelidos do alumno/persoa que asistirán ao concerto.
  2. Por un teléfono de contacto.
  3. Por un email de contacto.

Comezo das Clases!!

COMEZO DAS CLASES NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI PARA O CURSO 2020/2021!!

HOXE, LUNS 28 DE SETEMBRO, COMEZAN AS CLASES NO CONSERVATORIO E NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI!!!!

PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID E PLAN DE CONTINXENCIA DO CENTRO

PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID E PLAN DE CONTINXENCIA DO

CONSERVATORIO PROFESIONAL/ESCOLA DE MÚSICA DE TUI
 

Distribuir contido