Hoxe pola mañán tivo lugar a emisión do sexto programa de "Radio Tui" dedicado a promover e dar a coñecer os novos talentos musicáis que se están a formar na actualidade no noso centro. Nesta primeira ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a tres guitarristas expléndidos!:
Raúl Costa López que ten 11 anos e cursa 2º de Escola na especialidade de Guitarra. A obra que interpreta é "dúas cantigas" de Alfonso X el sabio.
Antonia Paço Nascimento que ten 9 anos e cursa 1º de Escola na especialidade de Guitarra. As obras que interpreta son: Campanita (W. A. Mozart) Frere Jacques (Popular) Navidad(Popular)
Leire Rodríguez Silva que ten 9 anos e cursa 1º de Escola na especialidade de Guitarra. As obras que interpreta son: Burlesca.(Popular) Oda a la Alegría (L.V. Beethoven) Danza Alemana (F. Schubert)
Hoxe, venres 30 de abril pola mañán tivo lugar a emisión do quinto programa de "Radio Tui" dedicado a promover e dar a coñecer os novos talentos musicáis que se están a formar na actualidade no noso centro. Nesta ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a:
Iria Álvarez Pérez que ten 16 anos e cursa 3º de Grao Profesional na especialidade de Trompa. A obra que interpreta é o 2º movemento do concerto para trompa e orquestra de W. A. Mozart.
Durante todo o día de hoxe, luns 12 de abril, suspéndese toda a actividade lectiva no noso centro por mor da festividade local de San Telmo. As clases reanudaranse con normalidade mañá, martes 13 de abril.
Onte pola mañán tivo lugar a emisión do segundo programa de "Radio Tui" dedicado a promover e dar a coñecer os novos talentos musicáis que se están a formar na actualidade no noso centro. Nesta ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a:
Pablo Fernández Rodríguez que ten 17 anos e cursa 6º de Grao Profesional na especialidade de Saxofón. A obra que interpreta é "Pequena Czarda" de Pedro Iturralde.
Hoxe pola mañán tivo lugar a emisión do primeiro programa de "Radio Tui" dedicado a promover e dar a coñecer os novos talentos musicáis que se están a formar na actualidade no noso centro. Nesta primeira ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a:
Xabier Álvarez Vázquez que ten 11 anos e cursa 2º de Escola na especialidade de Violín. A obra que interpreta é "The young fiddler" do compositor Joan Alfaras.
María Vilariño Pérez que ten 12 anos e cursa 1º de Escola na especialidade de Clarinete. A obra que interpreta é "Moon River" do compositor Henry Mancini (Tema principal da bso da película "Almorzo con diamantes".
Alejandro Casaleiro Fontenla que ten 12 anos e cursa 2º de Escola na especialidade de Gaita. A obra que interpreta é "Muiñeira de Chantada" do compositor Avelino Cachafeiro.