Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2021

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 12 ao 16 de abril, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

VIDEOCONFERENCIAS UDC: OFERTA EDUCATIVA E ABAU(ACCESO Á UNIVERSIDADE)

xoves 8 de abril celebrarase unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer a oferta da UDC ao alumnado interesado en acceder a universidade. No seguinte enlace pódese acceder a toda a información:
https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Os asistentes poderán:
  *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
  *   Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
  *   Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas…
  *   Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
  *   Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Tamén haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos premiados. Convocatoria 2021

Publicada a Resolución do 23 de marzo de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se resolven os premios para o desenvolvemento

de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes

da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocados na resolución do 26 de novembro de 2020. 

Na seguinte ligazón atopará a listaxe de proxectos premiados, agrupados por modalidade e por centro educativo coordinador, indicando os centros educativos e entidades participantes en cada proxecto: 

 

Proxectos Premiados como Centro coordinador: 

          • Proxecto: Aulas saudables no CIFP Ferrolterra
          • Proxecto: Sistema automático de transformación de residuo de madeira en enerxía
          • Proxecto: Equipamento anticovid para espazo de socialización
          • Proxecto: Fasquía 3D: Dixitalización de formas das embarcacións tradicionais e difusión das tecnoloxías 3D en ámbitos non tecnolóxicos

 

Proxectos Premiados como Centro colaborador:

 

          • Proxecto: Fuel cell H2
          • Proxecto: Madeira de vestir

 

  

VIDEOCONFERENCIA BECAS FUAC

O MÉRCORES día 24/03/2021, ás 10:05 e ás 18:00  terán lugar unhas videoconferencia por parte da FUAC sobre as becas e bolsa de emprego da Universidade.

A duración da charla é de  entre 15 e 30 minutos aproximadamente.

 

 

FOROCAFE CON EMPRENDEDORES NO FERROLTERRA

FORO CAFÉ EMPRENDEDORES: EXPERIENCIAS EMPRENDEDORAS EN fERROLTERRA


Alumnado e profes:

Invitados a tomar café cun emprendedor da vosa Familia profesional!!!!

Alumnado invitado a tomar un café con emprendedores da comarca de Ferrolterra!!!!!

Os días 23, 24 e 25 de marzo ímos levar a cabo coa colaboración de emprendedores o Foro Café con emprendedores no CIFP Ferrolterra.

O programa desta xornada é o seguinte:

Mércores 24:

  • Patricia Filgueira (12:30-13:00hs) Educación Infantil
  • Sergio Díaz (10-10:30) Automoción

Xoves 25:

  • Iván Pajouk (10-10:30) Madeira 
  • Pablo Rivera (10-10:30) Electricidade e electrónica
  • Juan Ferreño (12-12:30) Electricidade e Electrónica 

Venres 26:

  • Jorge Pérez (10-10:30) Metal
  • Jesús López (12:45-13:15) Enerxía e auga/Mecatrónica

 

Trátase dunha xornada informal onde o alumnado vai coñecer a  experiencia emprendedora directamente dos emprendedores convidados: inicios, a empresa, vantaxes, dificultades, motivacións para emprender,....

Vaise levar a cabo na entrada do centro, cun grupo de alumnos pequeno, cos que compartirán café e media hora de tempo.

A actividade pretende poñer en contacto o alumnado con,emprendedores da comarca e que así teñan referentes de emprendemento cercanos e reais relacionados cos ciclos formativos que están cursando.

Estades convidados profes e alumnado!!!!

Cine e libros para semana santa

mochila

Na biblioteca temos 12 mochilas con películas e libros que queren facer turismo ás vosas casas. 

Cada mochila ten 6 películas, cómics e libros. Agora que xa remataron os exames e xa están aquí estas esperadas vacacións é unha gran oportunidade para disfrutalas. 

Este é o contido das mochilas:

Mochilas 1 e 2 Mochilas 3 e 4 Mochila 5
Criadas y señoras    Mulan      La mujer del año  
Figuras ocultas     Pocahontas      Flashdance     
Brave      Como agua para chocolate   La hija del general  
El color púrpura    Elizabeth      Te doy mis ojos  
Erin Brockovich     Ágora      Aliens: el regreso   
Thelma y Louise    Tomates verdes fritos    Tootsie     
Isabel Ruiz. Mujeres Isabel Ruiz. Mujeres 2 Isabel Ruiz. Mujeres 3
Penélope Bagieu. Valerosas Penélope Bagieu. Valerosas 2 Jen Wang. El príncipe y la modista
Precious      Madame Curie   -Luna nueva Luna nueva
     
Mochila 6 Mochilas 7 e 8 Mochila 9
La mujer del año   Diario de una niñera   Billy Elliot    
Flashdance      Gravity      Las Maestras de la República (documental)
La hija del general   Interestelar      Zootrópolis     
Te doy mis ojos   Million dollar baby    Mustang     
Aliens: el regreso    Sufragistas      Con la pata quebrada (documental) 
Tootsie      Las 13 rosas    Mujercitas (1994)
Isabel Ruiz. Mujeres 3 Isabel Ruiz. Mujeres 4 Rachel Ignotofsky. Mujeres de ciencia. 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo
Jen Wang. El príncipe y la modista Ana Penyas. Estamos todas bien Assia Petricelli. Chicas malas
     
Mochila 10 Mochila 11 Mochila 12
Billy Elliot Los misterios de Laura Los misterios de Laura
Las Maestras de la República (documental) Marilar Aleixandre. A expedición do Pacífico Dulce Chacón. La voz dormida
Zootrópolis Dulce Chacón. La voz dormida Marilar Aleixandre. A expedición do Pacífico
Mustang Louisa May Alcott. Mujercitas Louisa May Alcott. Mujercitas
Con la pata quebrada (documental)    
Mujercitas (1994)    
Rachel Ignotofsky. Mujeres de ciencia. 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo    
Assia Petricelli. Chicas malas    

 

Pasade a recollelas!

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2021

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

O venres 12 de marzo na entrada do CIFP Ferrolterra durante os recreos de 9:40-10:45 e de 12:00-13:00 camisetas co logo de igualdade do centro

 

venres 12 de marzo na entrada do CIFP Ferrolterra durante os recreos de 9:40-10:45 e de 12:00-13:00 camisetas co logo de igualdade do centro.

As persoas que compren as camisetas participarán no sorteo de 3 mochilas con pequenos agasallos do centro.

A recaudación da venta das camisetas será entregado ao CIM de Ferrol.

As 14:00 publicaremos os números gañadores de sorteo nas RRSS do centro (Instagram, Facebook) e páxina web do centro.