VIDEOCONFERENCIAS UDC: OFERTA EDUCATIVA E ABAU(ACCESO Á UNIVERSIDADE)

 

xoves 8 de abril celebrarase unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer a oferta da UDC ao alumnado interesado en acceder a universidade. No seguinte enlace pódese acceder a toda a información:
https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Os asistentes poderán:
  *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
  *   Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
  *   Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas…
  *   Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
  *   Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Tamén haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.