Puntuación Olimpiada Cultural 2020


Xúntase a puntuación provisional desta edición da nosa Olimpiada Cultural. Para maior transparencia xúntanse dúas puntuacións: unha previa á substitucións dos comodíns e outra coa puntuación total na que os comodíns foron empregados para recuperar puntos perdidos. Seguíronse os seguintes criterios, de acordo coas bases do concurso:

Os comodíns serven para:

  • Recuperar puntos perdidos en preguntas do día e preguntóns (1 comodín = 1 punto perdido)
  • Restituír puntos perdidos na aposta nos casos en que se fallara a resposta; se non se contestou, non se aplica o comodín
  • Poder volver a contestar no pista a pista. En tal caso, se descontan tantos comodíns como puntos había en xogo o día que se errou
  • Recuperar un punto no pista a pista no caso de fallar a pista do venres, ou non contestar ningún día (1 comodín = 1 punto)

Unha vez máis, expresamos a nosa satisfacción polo desenvolvemento do concurso nun clima de deportividade, cordialidade e interese de tódolos participantes

En espera de posibles correccións, a vindeira semana publicaremos a clasificación definitiva e convocaremos a cerimonia de clausura e entrega de premios para os gañadores e diplomas olímpicos para todos os equipos que participastes ata o final da competición


 

 

Olimpiada Cultural 2020: GAME OVER


 

Hoxe rematamos esta edición da nosa OLIMPIADA CULTURAL. Mañá, previsiblemente axustaremos a puntuación cos comodíns gañados e publicaremos a clasificación.

Moitas grazas pola vosa participación, e… 

Ata o ano que ven! 

Estade atentos para asistir á cerimonia de clausura e entrega de premios

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

O obxectivo é permitir cursar estas ensinanzas ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou título profesional básico (ou equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o título de bacharelato ou título de técnico de formación profesional (ou equivalentes). Deste xeito a Consellería facilita e impulsa que as persoas continúen formándose para acadar unhas mellores condicións para o acceso ao mercado laboral.

En ambos casos as solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática ciclosprobas (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar na secretaría de calquera centro docente público da Consellería que imparta FP este curso.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Olimpiada Cultural 2020


Acceso ás probas

 

r    g   

Preguntas do día                             Pista a pista    

 

f    g

   Aposta                      Preguntón 


 

 

 

Zipgrade, APP para correxir tests

  1. Teremos que buscar no Googleplay ou AppStore o programa ZIPGRADE (permite correxir 100 probas test o mes de maneira gratuita)
  2. Dende a web de Zipgrade,  imprímese a matriz na que márcanse as respostas. hai opcións de 20, 50 y 100 respostas. Pódense descargar en pdf ou en png.
  3. Dende "evaluaciones", se lle pon título a túa proba, elixes cantas respostas queres que sexan e pos una fecha. logo vas a "editar clave de respuestas" e marcas as correctas para cada pregunta. Por defecto, todas as respostas as puntúa cun punto pero pódese modificar e darlle a cada una o valor que se queira.
  4. Cando xa este feito o test (ollo mellor reencher non usar X), desde la app, vas escanando os exames, como se fosen un código QR. Sinala as respostas correctas en verde e las erróneas en vermello, mentres te marca en amarelo cal era a opción adecuada. E dáche o total de acertos. Si o escánea mal ou vese borroso, pódese eliminar dende o menú que hai tras os puntiños da zoa superior dereita. 
   
   

¡¡ ACREDÍTATE !! Presentación de solicitudes ata o 7 de febreiro!!!!

      

 

 

Podes obter un título a partir da tua experiencia laboral!!

<<<<< Mais información  preme aqui >>>>> 

 

 

 

 

XVI Xornadas Ensino-Empresa 19-20

26/01/2015
Europe/Madrid

Do 27 o 31 de xaneiro de 2020, no salón de actos do noso Centro segundo o seguinte programa:

 

PEE2020

 

 

  • Dia 27:  Xornada de Emprego.(alumnado de 2º e modular)
  • Dia 28:  Xornada de Emprendemento.(alumnado de 2º)
  • Dia 29:  Xornadas Ensino-Empresa (Electricidade-Electrónica)
  • Dia 30:  Madeira, Moble e Cortiza, Servizos socioculturais e á Comunidade
  • Dia 31:  Fabricación Mecánica,Transporte e Mantemento de Vehículos

 

<<descargar diptico>>

 

 

 

Clases de inglés para Cambridge Preliminary B1

 

Good news, everyone!!! Este año tenemos clases de preparación para los exámenes Cambridge Preliminary B1. (no confundir con las clases de inglés técnico)

Las clases serán los martes de 16:00-18:00 en el aula API-4 (1ª planta). Comenzamos martes 11 de febrero. Contaremos con Augus, preparador en Babblers CDI. Interesad@s, haced clic en este enlace y cubrid el formulario. Ánimo, que esta vez podemos con el inglés, a por el currículum!

 

Nuevos cursos del Centro de Línguas UDC

Entramos en 2020 con una nueva convocatoria de cursos del Centro de Línguas de la Universidade da Coruña. Recordad que como alumnos del CIFP Ferrolterra podéis matricularos con la misma tarifa reducida que los alumnos de la UDC. Este convenio afecta a los cursos de inglés o alemán que se impartan en el Edificio de Apoio ao Estudo ("Aulario") durante este curso.

Los cursos, de 60 o 45 horas, tendrán lugar del 3 de febrero al 7 de mayo de 2020. Aquí tenéis el listado completo de cursos CL para el segundo cuatrimestre:

http://www.centrodelinguas.gal/gl/pag/416/cursos-del-2-cuadrimestre-201920--campus-ferrol/

¡Disfrutad de esta oportunidad!