Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos premiados. Convocatoria 2021

 

Publicada a Resolución do 23 de marzo de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se resolven os premios para o desenvolvemento

de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes

da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocados na resolución do 26 de novembro de 2020. 

Na seguinte ligazón atopará a listaxe de proxectos premiados, agrupados por modalidade e por centro educativo coordinador, indicando os centros educativos e entidades participantes en cada proxecto: 

 

Proxectos Premiados como Centro coordinador: 

          • Proxecto: Aulas saudables no CIFP Ferrolterra
          • Proxecto: Sistema automático de transformación de residuo de madeira en enerxía
          • Proxecto: Equipamento anticovid para espazo de socialización
          • Proxecto: Fasquía 3D: Dixitalización de formas das embarcacións tradicionais e difusión das tecnoloxías 3D en ámbitos non tecnolóxicos

 

Proxectos Premiados como Centro colaborador:

 

          • Proxecto: Fuel cell H2
          • Proxecto: Madeira de vestir