Mensaxe de erro
Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u47/Curso_2022_23/Acollida-Alumnado-22-23_portada.png)
Publícanse as datas e aulas da xornada de acollemento dos diferentes grupos. Prema aquí ou na imaxe.
![Guía de recomendacións primaveira-verán 2021-22 Guía de recomendacións primaveira-verán 2021-22](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/portada_guia_primaveira_veran_21_22.jpg)
Co desexo de que sexan do voso interese, dende a biblioteca co CIFP Coroso queremos facervos chegar as nosas propostas para esta primavera-verán, entre as que atoparedes ademáis de libros, películas e xogos.
![Xornadas de Gastronomía con AMICOS](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/IMG-20220519-WA0009.jpg)
O CIFP Coroso e máis a Asociación AMICOS participaron xuntos nunhas xornadas de gastronomía. O xoves 19 e o venres 20 de maio, usuarios de AMICOS viñeron a cociñar co noso alumnado de FPB de Industrias Alimentarias. Xunt@s elaboraron 3 pratos e logo degustáronos. Foron unhas xornadas de traballo en equipo e convivencia, nas que traballaron conxuntamente para elaborar un delicioso menú.
Participade no concurso das Letras Galegas, só por cubrir o cuestionario xa teredes un agasallo e logo entraredes no sorteo dun regalo sorpresa.
![Letras Galegas 2022 Concurso Letras Galegas 2022](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/letras_galegas_2022.jpg)
Animádevos a participar e a descubrir cousas curiosas do autor homenaxeado este ano..
O alumnado do CEIPP de Frións e tamén o do CEP de Carreira de 5º e 6º de primaria participaron neste curso no PROGRAMA EDUEMPRENDE "ATRÉVETE".
![Alumnado do CEIPP Frións (Carreira-Ribeira)](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/atrevete_ceipp_frions.JPG)
Neste programa perséguense varios obxectivos:
O mellor proxecto de cada especialidade levará de agasallo unha memoria USB e entrará no sorteo dunha TABLET xunto co mellor proxecto das outras especialidades do CIFP Coroso! Anímate posto que unha TABLET pode ser túa!. Clica na imaxe para máis información.
![Fai o teu proxecto en galego ! Fai o teu proxecto en galego !](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/Proxecto_2022.jpg)
CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO LIBRO NO CIFP COROSO O 23 DE ABRIL.
Imos celebrar a IV Edición de "Libros ao clareo". Toda a comunidade educativa pode participar enviando a súa recomendación sobre un libro que lle gustase moito. Todas as recomendacións serán expostas na entrada do centro novo. Anímate !!! . Só por participar poderás gañar unha mochila.
BOLSAS PARA REALIZAR ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022-23. MINISTERIO DE EDUCACIÓN.
Este ano o prazo adiantouse, comeza o 30 de marzo e rematará o 12 de maio (incluído).
Aquelas persoas que non a soliciten dentro deste prazo, despois xa non poderán facelo. Asi que é moi importante ter en conta estas datas. Posteriormente no mes de setembro poderase rectificar a solicitude.
Páxinas