Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

XI XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Os día 14, 15, 16 e 22 de maio celebráronse as XI Xornadas de Portas Abertas no CIFP Coroso, ás que acudiron 9 centros da contorna a visitarnos. Un total de 194 alumnos/as de 4º ESO e Bacharelato visitaron o noso centro para coñecer en directo os talleres e as ensinanzas que se imparten no noso centro.

Laboratorio de Industrias Alimentarias

CALENDARIO DE PROBAS LIBRES - CONVOCATORIA 2024

Probas Libres 2024

Publicamos os documentos ca información sobre as datas e lugares de realización das probas libres de acceso a cliclos, correspondentes a este ano 2024. Prema nos textos correspondentes para ver o documento.

XORNADA DE ACOLLEMENTO - PROBAS LIBRES 2024

Xornada de Acollemento das probas libres deste ano no CIFP Coroso.

Información importante: A xornada de acollemento, de asistencia obrigatoria, desenvolverase o día 3 de xuño ás 10:30 horas na sala de reunións do centro novo (Aula C008).

A non asistencia inxustificada a esta xornada de acollemento ou a calquera outra das partes en que se organiza a proba será causa de baixa de oficio da matrícula.

DIA MUNDIAL CONTRA O ACOSO E CIBER ACOSO ESCOLAR

Con motivo do Día 2 de Maio  " Día Mundial contra o acoso e ciberacoso escolar" celebramos con 1º FPB e alumnado de 1º ESO do IES N.1 un obradoiro para previr e detectar o acoso nos centros.

Prevención do acoso e ciber acoso escolar

LIBROS AO CLAREO - DIA DO LIBRO 2024

No CIFP Coroso queremos celebrar o Día Internacional do Libro coa exposición  "Libros ao clareo" que se montou na entrada do centro novo. Ali poderanse ver as  recomendacións literarias do noso alumnado e membros da comunidade educativa. Animávosvos a visitala.

Libros ao clareo

ESTIVEMOS NA FEIRA DAS PROFESIÓNS

O día 4 de abril o CIFP Coroso acudiu cun stand a Feira das Profesións que organizou o IES de Ames. Ali estaban represantadas as 5 familias profesionais que se ofertan no centro.

Feira das Profesións

Alumnado e familias acudiron a visitar a feira en horario de mañá e de tarde para coñecer a oferta educativa que ali se exhibía.

VISITA DO IES Nº 1 AOS LABORATORIOS DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

Visita do alumnado do IES nº 1
O alumnado do IES N.1 de Ribeira visita os laboratorios da familia de Industrias Alimentarias.
O día 3 e 8 de abril recibimos ao alumnado de 1º ESO e o 5 de abril ao de 2º de bacharelato.

OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE E AUTO ESTIMA

O pasado xoves 21 de marzo desenvolveuse un Obradoiro sobre Sexualidade e Auto Estima co alumnado de 2º FPB impartido por Laura Veiga, sexóloga e xornalista.  Un total de 20 alumnos/as recibiron esta formación durante 2 horas.

Obradoiro sobre sexualidade e auto estima

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS