Mensaxe de erro
Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).
O mércores 15 de febreiro contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey. Un encontro literario no que o alumnado de FPB poderá aprender moito dunha recoñecida escritora, guionista e gran defensora da lingua galega.
![Encontros literarios 2023 Encontros literarios 2023](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/2023_encontros_fina.jpg)
Informe cos datos relativos á inserción laboral do alumnado do CIFP Coroso durante o ano 2022. Este estudo recolle os datos das diferentes familias profesionais que se imparten no centro, e tamén os distintos períodos nos que o alumnado realiza as prácticas en empresas.
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, 11 de febreiro, no CIFP Coroso queremos celebrar unhas xornadas de ciencia.
![Xornadas Muller e Nena na Ciencia 2023 Xornadas Muller e Nena na Ciencia 2023](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/2023_xornadas.jpg)
Publicouse o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior da convocatoria 2023. Si queredes inscribirvos tedes información de como facelo e tamén outros datos relativos aos horarios, datas, etc facendo clic neste enlace ou premendo no logo seguinte.
O CIFP Coroso contou este venres 23 cunha visita moi especial. Alvaro Baleato, enxeñeiro do equipo Red Bull de Formula 1, compartiu a mañá co alumnado do ciclo de Automoción que se imparte neste Centro.
![Alvaro Baleato, enxeñeiro de Red Bull Racing Formula 1 visita Coroso. Alvaro Baleato, enxeñeiro de Red Bull Racing Formula 1 visita Coroso.](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/2022_redbull.jpg)
O alumnado de 2º curso dos ciclos medios e superiores realizaron unha viaxe á cidade de Porto (Portugal), os días 29 e 30 de novembro.
![Viaxe a Porto](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/2022_porto2.jpg)
Organizada dende Emprendemento, e co obxectivo de fomentar o seu espíritu emprendedor coñecer en directo varios sectores produtivos: unha conserveira e unha bodega.
Un total de 44 alumnos/as que cursan o módulo de EIE disfrutaron desta viaxe.
Reportaxe fotográfico das verificacións técnicas levadas a cabo pola organización do Rally Ribeira 2022 nas instalacións do Dept. de Automoción do CIFP Coroso.
Dende o CIFP Coroso queremos conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 25 de novembro. Implicando ao alumnado de FPB na creación de cancelos para revindicar a tolerancia, respecto e visibilizar a loita contra a violencia. de xénero.
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/202225N.jpg)
A Asociación ALAS A Coruña impartiu un obradoiro de diversidade afectivo-sexual para o alumnado de 2º FPB do centro. Un total de 28 alumnos/as compartiron e aprenderon sobre o respecto e identidade de xénero no marco dun obradoiro dinámico e participativo.
![Obradoiro Diversidade Obradoiro Diversidade](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/2022obradoiroalumnado.jpg)
![Obradoiro diversidade afectivo-sexual](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpcoroso/system/files/u19/2022obradoiro2.jpg)
Impartiuse no CIFP Coroso un Obradoiro para o profesorado sobre "Diversidade afectivo-sexual".
Dirixido ao profesorado dos 7 centros educativos de ensino secundario e FP de Ribeira.
Páxinas