O alumnado do IES N.1 de Ribeira visita os laboratorios da familia de Industrias Alimentarias.
O día 3 e 8 de abril recibimos ao alumnado de 1º ESO e o 5 de abril ao de 2º de bacharelato.
O pasado xoves 21 de marzo desenvolveuse un Obradoiro sobre Sexualidade e Auto Estima co alumnado de 2º FPB impartido por Laura Veiga, sexóloga e xornalista. Un total de 20 alumnos/as recibiron esta formación durante 2 horas.
Se queres solicitar unha bolsa de axuda ao estudo para o curso 2024-25 lembra que o prazo de solicitude será do 19 de marzo ao 10 de maio incluído. Atoparás toda a información de como se fai o procedemento, neste documento.
Celebramos o 8 de marzo, Día internacional da Muller traballadora, e este ano no centro quixemos visibilizar a mulleres creativas, científicas, inventoras.. e montamos unha exposición co legado desas mulleres. Dita exposición atópase repartida entre os dous edificios do centro.
Nuns días abrirá o prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos Medios. Ditas probas serán o 23 de maio, e o CIFP Coroso é unha das sedes nas que se poden realizar.
Non esquezades inscribirvos do 26 de febreiro ao 8 de marzo incluídos. Máis información aquí.
Este pasado xoves día 15 de febreiro, houbo unha charla para presentar o proxecto Green Diving na biblioteca do CIFP Coroso, evento no cal particparon varios invitados.