Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

A dieta no punto de mira

O próximo 23 de xaneiro terá lugar unha xornada educativa sobre alimentación saudable: "A dieta no punto de mira". Este obradoiro será impartido polo alumnado de primeiro e segundo curso do Ciclo Superior de Dietética do I.E.S.  da Pobra do Caramiñal.

 

Dinamización

O Samaín no CIFP Coroso

Ven á Biblioteca

QUERES DESCUBIR O TERROR?, pásate pola Biblioteca do CIFP Coroso... Animámosvos a que pasedes pola Biblioteca neste Samaín, e tamén convidarvos a unha degustación que terá lugar o vindeiro mércores día 3 de novembro no patio cuberto (a carón da cafetería), en horario de 11 a 12 h da mañan. Agardámosvos !!!

Ven a degustar o Samaín

2 de Maio. Coroso dí NON ao acoso.

Coroso dí NON ao acoso
Os insultos non son unha broma. Non os consintas. Denuncia o acoso no buzón da entrada ou na caixa de suxestións que atoparás nesta web. Coroso dí NON ao acoso

 

23 de Abril - Día Mundial do Libro

III Edición Libros ao Clareo

O vindeiro 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, e dende o CIFP Coroso, queremos que participes na 3ª edición de Libros ao Clareo. Máis información clicando aquí ou na imaxe.

Descarga o modelo de participación neste certame clicando neste texto.

 

11 de febreiro - Día da Muller e da Nena na Ciencia

Descargar pdf Electricidade e Electrónica Descargar pdf Industrias Alimentarias Descargar pdf Instalacion e Mantemento Descargar pdf Transporte e Mantemento de Vehículos

- Clica nas imaxes para descargar os arquivos en formato pdf.

Ainda que se asocie a ciencia a estudos de física, química ou bioloxía, os nosos ciclos están sustentados, apoian e contribúen tamén á ciencia dun xeito máis tecnolóxico e práctico.
Aquí vos deixamos algunhas das opcións que o CIFP Coroso oferta para as nosas futuras mulleres nas ciencias.

Tamén recomendamos que lle botedes un ollo ao artigo sobre as mulleres de Nobel na guía outono-inverno 2020, que podedes atopar AQUÍ.

A igualdade de xénero nas ensinanzas de FP do CIFP Coroso é unha realidade. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.

 

Celebramos o Día escolar da NON VIOLENCIA e da PAZ

Dende o C.I.F.P. Coroso queremos celebrar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ o vindeiro 30 DE XANEIRO. Colocaremos un gran mural no Centro Novo para que calquera membro da comunidade educativa poida pegar unha mensaxe sobre o que considera el/ela sobre a PAZ.
Tamén pegaranse pombas brancas como símbolo de paz nas instalacións do centro. Esas pombas adhesivas en vinilo serán deseñadas polo Dpto. de Mantemento de Vehículos.

Dia da PAZ

Dia da Paz 2021

Día da Paz 2021    

Vinilos deseñados e creados polo Dpto. de Transporte e Mantemento de Vehículos do C.I.F.P. Coroso.

CIFP COROSO e AMICOS compartiron unha xornada de traballo conxunto

O pasado 5 de marzo, alumno de FP Básica do CIFP Coroso visitaron o centro de atención integral Amicos de Comoxo, en Boiro. Eis a noticia publicada en O Barbanza.

Concurso de carteis para o Dia Internacional da Muller

No CIFP Coroso organízase un concurso de carteis para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O concurso está aberto á participación de toda a comunidade educativa. Podes consultar aquí mesmo as bases, ou preguntando na biblioteca.  Anímate e presenta o teu carteL !!!

 

Bases para participar no concurso de carteis do 8 de marzo.

Bases para participar no concurso de carteis do 8 de marzo.

A mestura perfecta

Os alumnos de FP Básica de Industrias alimentarias deléitannos cun prato moi saboroso e sinxelo de facer. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.

Páxinas