Magosto no C.I.F.P. Coroso 2018
O próximo venres 16 de novembro do 2018 celebrarase o Magosto no noso centro. Haberá castañas e boliños preñados para todos/as. Esperámoste!!
Dinamización
Dinamización
Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP Coroso e queremos potenciar o seu uso na comarca do Barbanza, promovemos diferentes actividades principalmente para a nosa comunidade educativa aínda que tamén de cando en vez participan persoas alleas a ésta.
Non queremos que a nosa lingua desapareza polo tanto contamos contigo!
Podes atoparnos nos seguintes enlaces:
![]() |
![]() |
![]() |
Blog colleitadores | Blog EDLG |
E se queres contactar con nós, preguntarnos ou aportarnos ideas podes facelo a través do correo electrónico dinamizacionlinguacoroso@gmail.com
CIFP COROSO e AMICOS compartiron unha xornada de traballo conxunto
O pasado 5 de marzo, alumno de FP Básica do CIFP Coroso visitaron o centro de atención integral Amicos de Comoxo, en Boiro. Eis a noticia publicada en O Barbanza.
Concurso de carteis para o Dia Internacional da Muller
No CIFP Coroso organízase un concurso de carteis para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O concurso está aberto á participación de toda a comunidade educativa. Podes consultar aquí mesmo as bases, ou preguntando na biblioteca. Anímate e presenta o teu carteL !!!
Bases para participar no concurso de carteis do 8 de marzo.
Igualdade
"NA MESMA PROFESIÓN, A MESMA VALÍA" - IGUALDADE EN COROSO
Este espazo está integrado no Plan de Igualdade do CIFP Coroso, que ten como obxectivo principal fomentar a igualdade e non discriminación por razóns de xénero. Centramos a nosa labor en promover o acceso efectivo ao mundo laboral entre homes e mulleres.
Aquí poderás atopar enlaces a recursos, materiais, informacións e actividades en materia de coeducación que se van desenvolvendo ó longo do curso.
Enlace á web de Igualdade da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Clique aquí.
Enlace á web do Pacto de Estado Contra a Violenxia de Xénero. Clique aquí.
A igualdade de xénero nas ensinanzas de FP do CIFP Coroso é unha realidade. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.
Visita do escritor Manuel Núñez Singala
O próximo 19 de febreiro visitaranos Manuel Núñez Singala. Agardamos a vosa asistencia !
Magosto no C.I.F.P. Coroso 2018
O próximo venres 16 de novembro do 2018 celebrarase o Magosto no noso centro. Haberá castañas e boliños preñados para todos/as. Esperámoste!!
Ligazóns
Nas seguintes ligazóns podes atopar recursos de interese:
TRADUTORES
- Tradutor Gaio -Xunta de Galicia
- Tradutor Opentrad
- Tradutor Open trad Apertium
- Traducíndote
- Tradutor de textos de Google
CORRECTORES
- OrtoGal: Corrector ortográfico de galego en liña.
- VOLGa, da USC (ILG): Indica se a palabra está admitida en galego ou non.
- Correctores automáticos das aplicacións tipo Word, OpenOffice...
DICIONARIOS