O Caselles no camiño: quinto: de Caldas a Padrón

Imos avanzando no camiño. Agora toca ir de Caldas a Padrón. E a mellor maneira de aguartar o cansanzo que levamos acumulado é escoitando este podcast de 5º. Canta información interesante!

O Caselles no camiño: cuarto: de Pontevedra a Caldas de Reis

O alumnado de 4º encargouse de informarnos á comunidade das cousas que podemos atopar no camiño entre Pontevedra e Caldas. Non perdades detalle!

 

Emisión en directo 12 de maio de 2022

Emitimos en directo!   O xoves 12 de maio inauguramos  a nosa megafonía exterior, e aproveitando a semana cultural falamos do  Camiño de Santiago a toda a comunidade.

A emisión non foi moi ben. Tivemos problemas técnicos diversos, e o resultado final está aqui reflexado. Pero están colgados todos os podcasts dos difentes grupos ,e podedes escoitar con calidade. 

Prometemos mellorar técnicamente na próxima edición, que será pronto!

 

 

2 de maio, Día Contra o Acoso Escolar

 

Hoxe, 2 de maio, é o Día Contra o Acoso Escolar.

 

 

 

 

Dende a biblio do Caselles, recomendamos diferentes lecturas para a prevención e sensibilización sobre o acoso, porque entre todos podemos combatelo. #DiNonAoAcosoEscolar! 

 

Troco de libros no Camiño polo Día do Libro

O pasado 23 de abril (sábado) conmemorouse o día do libro. No cole celebrámolo o día anterior, enmarcado no noso proxecto de centro: “O Camiño de Santiago”.

Para iso, fixemos un troco de libros percorrendo as diferentes etapas do Camiño Portugués dende o noso pobo (que, por mor da choiva, tivemos que trasladar ao interior do edificio).

Facendo clic AQUÍ podedes ver o vídeo publicado en Instagram sobre esta actividade.

Grazas, alumnado e familias, pola vosa participación!

Semana da prensa no Caselles

A semana pasada celebramos “A semana da prensa”. Por este motivo, na entrada da nosa biblioteca instalouse o “Quiosco Caselles” con prensa diversa a disposición do alumnado, tanto para o seu gozo no tempo de lecer como para o seu traballo na aula; xunto co profesorado.

8 de marzo, Día da Muller

Para conmemorar este 8 de marzo, Día da Muller, o alumnado do centro creou un “Photocall” con plumas que previamente decoraron escribindo o nome da muller máis importante da súa vida. 

 

 

Ao longo do día o alumnado fotografouse no seu "photocall" do día da muller. Podedes ver as fotos facendo clic AQUÍ

 

No Instagram do Caselles tedes un vídeo sobre recomendacións lectoras para este día. Podedes velo AQUÍ.

23 de setembro, día de Rosalía

Hoxe, polo aniversario do seu nacemento, celebramos o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida). O noso alumnado transplantou e coidou durante toda a semana as plantas, decorando os seus tarros, e escribindo  neles os seus mellores pensamentos.

 

Esta mañá, clase por clase, colocaron as flores no xardín de Rosalía e leron os fermosos pensamentos que escribiron. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos charlaron e á que puideron facer preguntas.

Grazas por facelo tan fermoso!

 

Podedes ver todas as fotos pinchando AQUÍ.

 

Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”.  Rosalía de Castro

 

#SementandoPensamentos

Exposición das ilustracións do alumnado do Caselles no mercado de Tomiño.

 

Con motivo da semana da ilustración, o alumnado do Caselles elaborou as súas creacións; as cales xa están expostas no mercado do concello. Ademais de gozar das súas marabillosas ilustracións, poderás votar pola túa favorita escaneando o código QR que alí atoparás.

 

Horario da exposición: 

De martes a venres de 09:00h. a 15:00h. e de 17:00h. a 23:00h. 

Sábados, domingos e festas 10:00h. a 15:00h. e de 18:30h. a 23:00h. 

Lecturas pola paz

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (o pasado 30 de xaneiro) o alumnado de 4ºB elaborou este bonito mural que agora decora a entrada da nosa biblioteca. Xunto a el, podedes atopar lecturas recomendadas sobre esta temática.

 

 

 

Dende a Biblioteca do Caselles, defendemos a paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer