Apertura da biblioteca pola tarde

A partir do luns, 4 de outubro, abrirase a biblioteca polas tardes, con horario de 16:00 a 18:00 h. Para utilizala hai que solicitar previamente autorización (agás os que esa tarde teñan actividade por quendas).

Haberá soamente 16 prazas diarias, polo que dende o colexio aplicaremos un baremo de selección diaria en función da demanda.

As normas e os criterios de admisión podedes velas no documento adxunto.

AdxuntoTamaño
PROTOCOLO USO BIBILIOTECA Curso 2021-22.pdf678.17 KB

A biblioteca escolar ten a palabra.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade. 
 
 
 
 
 
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero

Boas vacacións!

      Boas nenos e nenas!                                                           

   Aquí voso amigo Uncas, escribíndovos para desexarvos un moi bo feliz verán! Moi merecido por certo.

  Este curso, como todas e todos sabemos, foi algo "duro de pelar" pero ao fin o rematamos saíndo victoriosas e victoriosos. Espero que o pasarades ben nas diferentes actividades, no recreo, nos traballos cos compañeiros e compañeiras...Seguro as vades e os vades a botar moito en falta, pero algúns e algunhas vos veredes nestes meses. No caso de non ser así, en setembro boltaredes a vervos Guiño.

 Quixera despedirme dicindo que as vosas cartas foron incribles e os vosos debuxos aínda máis! que artistas! Algúns e algunhas este verán queredes pasalo en Maiorca, outros/as en Cabárceno... Tamén me escribíchedes moitos/as que vos gustaria ir a Paris e inclusive ata Australia! Pero, o que máis que gustou foi coñecer os vosos mundos ideais para pasar o verán, totalmente imaxinarios. Mundos cheos de tirolinas, unicornios, coches voadores, xeaderías e sobre todo...Piscinas!

 

Unha aperta enorme e ata o vindeiro cursos campioas e campións!

                                                                                                                                      UNCAS

 

 

Despedimos o curso!

Para despedir este curso 2020/2021 Uncas, a nosa mascota, escribiu unha carta a cada unha das clases. Na mesma, desexaba unhas felices vacacións de verán e tamén formulaba a seguinte pregunta: como serían as vacacións ideais para ti? A través da caixa do correo da biblio os rapaces e rapazas do CEP puideron facerlle chegar as súas respostas.

 


Esta semana no Caselles!

 

Os nenos e nenas de primeiro curso de EP desfrutaron dentro do espazo da biblioteca da clásica película Matilda, rindo a escachar e aprendendo o valor de ser diferentes así como a coñecer non só o que debemos mellorar senón tamén os aspectos positivos de cada un. 

Por outra banda, no CEP  o alumnado de terceiro e cuarto recibiu a visita do equipo de balomán Mecalia- Atlético Guardés, unha gran sorpresa para todos e todas. O motivo foi darlle visibilidade ao deporte feminino así como ao esforzo e constancia para conseguir o que queres. Esta visita xurdiu da semana da muller, onde o profe Adrián falounos da súa labor como entrenador dun equipo feminino do seu Concello.

 

Día dos museos

 

Fai pouco máis dunha semana foi o día dos museos, e aínda que non fai moito poidéchedes desfrutar do noso museo virtual Ecoarte, achegamos este link (preme no azul) aportado polo Museo Massó para que accedades a este museo online e interactivo das rías galegas. 

Coñecíades todos os seres vivos que nos explican no mesmo?

ría

 

Letras galegas - Festival

Os nenos e nenas do Caselles actuaron e desfrutaron o venres 14 da compaña duns e outros no festival das letras, onde presenciamos bailes, cantos, recitais de poesía...Aquí quedan algunhas imaxes.

 

 

Decoración do día das letras

Estes días todas e todos estiveron, ademais de celebrando o día das letras na Semana Cultural, decorando os diferentes espazos do CEP. Aquí quedan algunhas mostras aínda que non todas.

 

Viva as nosas letras! Seguiremos celebrando este día o que resta de semana.Sorriso 

 

 

 

 

Seguimos empapad@s de cultura!

Hoxe o noso cole, e máis en concreto o alumnado de 4°, recibiu na biblio a unha moi grata visita: Antonio García Teijeiro, poeta/escritor Premio Nacional de Literatura Infantil. Deixou a todas e todos cun bo sabor a mar (máis ben doce e non salgado).
 
 
Ademais, os nenos e nenas de terceiro de EP, pudieron crear a súa propia pizza grazas ao chef Adrián Estarque da pizzería Fariña en Baiona. Ese si que foi un sabor ben salgado!
 
 
E que continúe a Semana Cultural!
 
 
 

Semana Cultural no CEP

Onte comezou a Semana Cultural no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán. O certo é que foi un inicio ben emocionante. As actividades, que tiveron lugar na biblioteca entre onte e hoxe, foron desfrutadas (polo momento) polos cursos de 1º,2º e 4º. Porén, todos os grupos disfrutarán o que queda de semana doutras dinámicas, algunha moi apetitosas Guiño xa o veredes. 

Aquí quedan algunhas imaxes do Contacontos acompañado cuns trucos máxicos a través da imprenta de xelatina, realizado por Moncho Leal (antigo mestre do Rosal) e a conferencia sobre Ecosistemas e Reciclaxe de Ángel Estévez (Enxeñeiro químico en Leuwarden, no norte de Holanda).

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer