Febreiro 2018

Concursos da Biblio-Caselles!

CONCURSOS

FEBREIRO:

Adiviña quen son!

Gañadores: Victor e Antón.

Marzo:

Caza do tesouro!

 

CumpleUncas!

Na Biblio tamén celebramos os aniversarios das nenas e nenos do Caselles!

Febreiro 2018Selado

Obradoiro de Ciencias con 6º EP.

Obradoiro de Ciencias

1ª Sesión: A  fermentación de levadura

A respiración é unha función vital que realizan os seres vivos co fin de obeter a enerxía que necesitan e consiste na entrada de osíxeno e a saída de dióxido de carbono. 

As levaduras son fungos, unicelulares, microscópicos, que se alimentan de azucres, e deles obteñen a enerxía no proceso coñecido como "fermentación". 

Hai distintos tipo de fermentacións e neste obradoiro os nenos e nenas de 6º EP comprobarán o resultado deste proceso. 

 2º Sesión: Distinguir as follas según a súa forma.

 

Saímos na TVG no día Europeo da Internet Segura!

 A Garda Civil  visitou hoxe o Caselles para dar a coñecer a campaña que está a facer polos colexios para promover un uso seguro das novas tecnoloxías, e aproveitando que o martes é o Día Europeo da Internet Segura, a TVG entrevistou aos nenos e nenas de 5ºEP. 

Nas clases de quinto e sexto de primaria do Caselles, a maioría dos alumnos ten un teléfono móbil. Case todos din que os seus pais os controlan, pero poucos coñecen os riscos aos que se expoñen.

Ademais,  a Garda Civil aconsellou aos nenos e nenas de 6º EP sobre os graves riscos do acoso escolar.

Desde a Garda Civil recomendan que os pais estean pendentes do uso que fan os fillos da Rede. Controlar os xogos que empregan e os contidos das páxinas que visitan axuda a garantir a privacidade e a seguridade dos menores.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer