NOVAS BIBLIOTECA! XA QUEDA MENOS!

 

Boas nenos e nenas do CEP Pedro Caselles!

 
No mes de setembro estivemos poñendo a punto a biblioteca para que, en canto a situación sanitaria mellore, poidades desfrutar da mesma!
 
Pronto vos daremos información dun xeito sorprendente do seu novo uso.
 
Os libros vos botan moito de menos!

Que acontece ca Biblio neste primeiro trimestre?

                       

 

Boas rapaces, rapazas e familias,

 

como xa sabedes, o mes de setembro é un mes dirixido a por en marcha a nosa biblio. Non obstante, este ano todo é diferente na escola polo que, lamentablemente, temos que transmitirvos que este primeiro trimestre (como medida preventiva) a biblioteca cancela todas as actividades ofertadas á Comunidade Educativa. Isto supón que polas tardes dito espazo tamén permanecerá pechado.

                 Por sorte, grazas a todos os recursos e medios telemáticos existentes na actualidade, a biblioteca estará presente e activa a través deste blog.

Moi pronto recibiredes novas pola nosa parte!

Saudiños,

                                                                                                                  Uncas

DESPEDÍMONOS

Bo día!

Dende a biblioteca queremos despedirnos ata o vindeiro curso. Pero antes queriámonosvos agradecer a todos, alumnos, familias e profes, a vosa implicación e participación en todas as actividades.

Debido a estas circunstancias excepcionais quedaron moitas actividades no tinteiro, pero prometémosvos que as retomaremos, con máis ganas que nunca, en Setembro.

Para poñer o broche de ouro a este particular curso, deixámosvos un magnífico vídeo realizado por Carla de sexto xunta a súa irmá María, de segundo, a proposta da profe de música. Trátase dunha versión dun preguntoiro musical adaptado por elas mesmas, a través do cal, coñeceredes, un pouco máis a figura de Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Este é só un exemplo das marabillosas actividades que realizastes, dende os vosos fogares, durante este período.

E xa por último, propoñervos de cara ó verán, que vos sumerxades na lectura dun bo libro, a través deles faredes viaxes incribles.

Esperámosvos en Setembro!!

Radio Uncas na casa 5

Bos días a todas e todos! Como cada luns aquí vos traemos un novo programa de Radio Uncas na casa. Neste caso o alumnado de 4ºB presenta un programa cargadiño de cousas co que despediremos a radio ata o curso que ven. Moitísimas grazas a todos os participantes e locutores/as e tamén a todas e todos os oíntes, agardamos que disfrutárades destes fantásticos programas. Bo verán!
 
 
 
 
Alumnado de 4ºB
"Miña casiña meu lar"
 
 

Radio Uncas na casa 4

Un luns máis aquí estamos cun novo programa de Radio Uncas na casa! Esta semana son as compañeiras e compañeiros 5ºB os protagonistas do programa e veñen contarnos como foi o seu primeiro paseo tras o confinamento. Desfrutádeo!

 
"O meu primeiro paseo"
 
Alumnado de 5ºB
 
AdxuntoTamaño
PROGRAMA RADIO CASELLES 3[1].mp39.9 MB

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días! O domingo celebramos o Día das Letras Galegas e por iso hoxe queremos compartir con todas e todos vós este vídeo no que se recollen as palabras que máis nos gustan en galego. Presumamos de lingua!

         

Radio Uncas na casa 3

Benvidos unha semana máis a Radio Uncas na casa! As compañeiras e compañeiros de 4ºB traen, nesta ocasión, un programa cargadiño de novidades e de informacións interesantísimas. Animádesvos a escoitalo? Ides desfrutalo!

 

Miña casiña meu lar 

Alumnado de 4ºB

ACTIVIDADE PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Chegou maio, o mes das flores, da primavera e tamén o mes no que rendimos homenaxe a nosa lingua, a través do Día das Letras Galegas que se celebrará o próximo día 17, como xa sabedes.

Para celebrar tal acontecemento, propoñémosvos a seguinte actividade:

Como vedes, é unha actividade moi sinxela que vos levará pouquiño tempo, así que animádevos!!

Ademais, tedes varios días, podedes enviala dende o día 8 de maio ata o 15 ó noso correo: bibliocaselles@gmail.com

Agardamos os vosos vídeos!!!!

CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO!

Nesta xornada contamos con dúas actividades moi interesantes. 

Por unha parte, a mamá de Julia, de cuarto, cóntanos o conto "El frasco de la melancolía", unha obra do Dr. Eduard Estivill e Montse Doménech, que nos fará reflexionar sobre o sentido da felicidade. Moi atentos!!!

Ademais, os nenos de segundo, preséntannos uns libros desplegables que fixeron a partir do seu conto favorito! Quedan incribles, animádevos a facer o voso!!!

  

CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO!!

Bo día!

Nesta xornada imos desfrutar de dous marabillosos contos. En primeiro lugar, comezamos con Juan, que nos le ca axuda da súa nai, "O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Un conto que nos fará pensar e reflexionar sobre a nosa forma de actuar na casa!!Debemos cambiar algo?

 

Por outra parte, Marcos, coa axuda do seu pai, deléitanos cunha das obras máis coñecidas do escritor francés Julio Verne "20000 Leguas de viaje submarino". Un clásico que todos debemos coñecer! Moi atentos á lectura e posterior visionado do libro!!!!Interesantísimo!!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer