Novembro 2020

Primeira ronda de improvisación oral

O venres pasado iniciamos o obradoiro "Improvisación oral na vida cotiá" a cargo de Luis Correa " Caruncho" (músico e regueifeiro) . Con el os rapaces e rapazas voluntarios/as da biblioteca no curso 2019/2020 comezaron a coñecer o mundo da improvisación oral. Estamos desexando volver a desfrutar da súa compaña este venres!

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Como todos os anos por estas datas, o cole inúndase dunha marea morada que pretende "arrasar" esta lacra social que tanto nos avergonza.

Nesta ocasión, o equipo de biblioteca achegou unha proposta de traballo empregando a canción "BÁGOAS NA PEL", do grupo "Volta e dalle", como lazo comunicativo para toda a comunidade escolar. Os primeiros cursos encargáronse de escribir nuns círculos sobre o respeto entre xéneros e os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º, prepararon as distintas palabras que conforman o retrouso.

 Tamén mostramos o traballo das compañeiras de cuarto curso de E.P que fixeron este fermoso mural para concienciarnos da importancia deste día. A súa vez, aproveitaron para recordarnos os dereitos dos nenos e nenas.

Agardamos que o resultado vos guste tanto como a nós.