Skip to Content

5º e 6º Primaria

HORA DE LER

Cada día, recorda que tes que ler... igual que o facíamos no cole, so que agora dispóns de máis tempo...

Por se non sabes que ler hoxe, aquí tes as revistas PAPAGAIO destes meses de abril e xuño. Están aí debaixo como ficheiros adxuntos. Asi podes descargalas ao teu ordenador e conservalas para sempre. Sei que che gusta lelas... Disfruta.

ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA REPASAR E APRENDER

A continuación vou ir poñendo algunha actividade que elaborei para que repasedes de forma divertida. Podedes acceder a elas sen ter que rexistrarvos na páxina onde as elaborei, porque o rexistro non é obrigatorio. De todos xeitos, se vos rexistrades, aparecerá a vosa posición no ránking co voso nome e coa puntuación acadada. Os pasos para o rexistro son os seguintes:

1. Acceder á web: https://es.educaplay.com

2. Crea unha conta gratuita.

3. Pon o teu nome e apelido.

4. Pon o correo electrónico da túa nai ou pai.

5. Pon o país (España) e o teu ano de nacemento.

Pedirán permiso aos teus pais por medio do correo electrónico e serán eles os que activen a conta, premendo na funcionalidade de ACTIVAR CONTA.

6. Volve a escribir o correo electrónico anterior (da túa nai ou pai).

7. Marca a opción de "Non son un robot" e acepta as normas.

8. Por último, dálle a REXISTRARME.

 

Aquí deixo o acceso a estes 2 roscos que vos preparei. Espero que vos guste facelos. Poden axudarvos na casa e repetir cantas veces sexan precisas ata acadar facelo no tempo límite (5 minutos). BOA SORTE!

ROSCO 1:  

             

ROSCO 2:

 

 

ROSCO: UNIVERSO, SISTEMA SOLAR E TERRA

 

SOMOS CREATIVOS...

ESCRIBIR UN CONTO

Esta publicación, elaborada especialmente para o noso alumnado de 5º de primaria, pode ser unha boa axuda para que mellores na túa redación cando queiras ou teñas que escribir un conto en calquera das linguas que manexas.

Blogue da clase das orcas

En sexto queremos compartir os nosos coñecementos con todos vós e para iso creamos un blogue. Nel podedes atopar receitas de cociña, experimentos, manualidades...

Esperamos que vos axuden a pasar dunha forma máis amena estes días na casa.

Aquí tendes o enlace:

https://aclasedasorcas.blogspot.com/2020/03/receitas.html

Iremos poñendo novas actividades cada semana.

Moito ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut