Ola nen@s, agora que xa nos vimos e que esta situación empeza a ser máis levadeira convídovos a seguir traballando para non perder o ritmo e se quedar atrás. Xa sabedes que podedes enviarnos fotos de traballos realizados, consultas e dúbidas que xurdan, etc. En concreto ímosvos pedir a vosa colaboración para un traballo de plástica, pero como é unha sorpresa temos que explicalo por outro medio, asi que vos enviaremos por correo e whatsapp as explicacións para a súa realización.
Proposta de actividades para as vindeiras dúas semanas:
Matemáticas:para os que xa rematastedes o traballo anterior adxunto un novo pdf pero antes de empezar a facelo deberedes ver os dous videos que adxunto a continuación.
Ejercicios de Matematicas (está o arquivo ao final da páxina)
Ciencias naturais: como repaso da unidade das plantas recoméndovos ver este par de vídeos de Camaleón que tanto vos gustan, a continuación xa estaredes preparados para executar o kahoot que vos preparamos sin medo a equivocarvos
Lingua galega: estamos en maio, mes no que se conmemora o Día das Letras Galegas. Este ano adícaselle este dia a Ricardo Carballo Calero, nos seguintes enlaces tedes unha serie de actividades axeitadas para aprender sobre a figura deste homenaxeado.
Actividades Lim para o Día das Letras Galegas (activar Adobe Flash Player para ver)
Actividades Lim para o Dïa das Letras Galegas 2
Asimesmo poñemos á vosa disposición un enlace con lecturas da editorial kalandraka, pódense descargar para ler ó longo do mes, hai 10 títulos pero os a máis axeitados para a vosa edade son "A casa máis animada do mundo" e "O tempo ao revés" aínda que tamén lles podedes botar unha ollada ós demais. Neste mesmo enlace tamén podedes atopar xogos online en galego.
Dende o equipo de Dinamización Lingüística do cole anímanvos a celebrar o Día das Letras Galegas de maneira virtual continuando o video que comenzaron @s profes titulado "eu uso o galego para...", as instrucción están ao final do seguinte enlace
Actividade: Eu uso o galego para...
Xa para rematar, noraboa ás tres gañadoras da actividade "Ruta do libro 2020".Libruxa seguro que ten un agasallo para ela e para todos os participantes. A mesma felicitación @s que participastes na actividade do Día Mundial da Arte, a continuación vos deixo a montaxe das excelentes recreacións pictóricas realizadas.