Skip to Content

Símbolos Xacobeos

O alumnado de 5ºB investigou sobre os símbolos do Camiño de Santiago: a figura do peregrino e a súa evolución co paso do tempo, a catedral de Santiago, as frechas e fitos, a Credencial e a Compostela, o Botafumeiro, o Códice Calixtino... Unha vez recada a información e organizada nunha cartolina, compartimos o que aprendimos cos nosos compañeiros e compañeiras. Esta foi quizais a parte que máis dificultades nos presentou porque falar en público, aínda que o practicamos, fai que nos poñamos un pouco nerviosos/as... pero fixémolo moi ben, como podedes comprobar no vídeo.

 



blog | by Dr. Radut