Skip to Content

Día da Paz 2021

Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz decidimos facer entre todo o alumnado do colexio un "Scrabble compostelano" con palabras que nos transmiten sensacións positivas, palabras vinculadas á paz.

Cada clase fixo un listado con palabras que lle transmitían paz e posteriormente, a cada clase chegou unha desas palabras metida neste "crucigrama que vedes", algunhas definicións resultaban un tanto complexas... por iso decidimos gravar un vídeo explicando á nosa maneira, coas nosas palabras, o seu significado. 

Animámosvos a que completedes o crucigrama interactivo (clicando á esquerda da presentación, sobre  pomba) e a que visualicedes a actividade.

Moi pronto amosarémosvos o resultado final. 

E como dixo Gandhi: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño". Así que tendo ben presentes todas estas palabras, camiñemos sementando paz.



blog | by Dr. Radut