Skip to Content

Lanzamento de aros

Hoxe déixovos outra actividade con materiais reciclados. É outra sinxela actividade que nos permite mellorar a competencia motriz, neste caso a coordinación ollo-man ou a apreciación de distancias. Ao mesmo tempo podemos decorar ao noso gusto tódolos elementos dos que se compón e darlle outro uso a materiais que non son so convencionais de EF.

Materais: 

  • Cartón. 
  • Botellas de plástico. 
  • Tesoiras. 
  • Pinturas ou cintas adhesivas decorativas. 
  • Area, terra ou auga.

En primeiro lugar podemos introducir area, terra ou auga dentro das botellas para que teñan maior estabilidade. Para fabricar os aros, hai que debuxar circunferencias nun cartón e recortalas (lembrade que ao ser circunferencia implica que o interior está oco) de xeito que nos quede un aro pequeno. Logo poderemos usalo como patrón para os seguintes.

Neste xogo colócanse botellas (podemos decoralas ao noso gusto) a diferentes distancias e tratamos de introducilo aro pola cabeza das botellas. Cando máis lonxe estea a botella máis puntos podemos obter. Podedes facer sumas de puntos ou restas se queredes adiviñar a diferenza entre a puntuación de dúas ou máis persoas.

 



blog | by Dr. Radut