Skip to Content

Como disfrutamos no Samaín

O martes 31 de outubro, celebramos o Samaín no cole e @s alumn@s de 5º de Primaria participamos nas actividades conxuntas organizadas por diferentes equipos do noso colexio. Entre outras cousas, ambientamos os espazos comúns e as portas das aulas. En Plástica, deseñamos un monstro para expoñer na Biblioteca do centro xunto aos de cada unha das aulas do colexio. En Lingua Galega, fixemos a súa descrición para usar como actividade nas visitas dos grupos á biblioteca escolar. Tamén trouxemos cabazas adornadas da casa e fixemos unha exposición na subida ás aulas do edificio onde todas os grupos participaron con diversas aportacións. Fixemos obradoiro de comida sa e terrorífica e tivemos unha degustación conxunta con todos os nenos en nenas do colexio. Rematamos con cancións e bailes ensaiados para esta ocasión. Foi un día moi divertido!

Para ver algunha foto máis e un mini-video, accede picando AQUÍ.



blog | by Dr. Radut