Skip to Content

Saída de 5º a Vegadeo

Os alumnos de 5º desplazáronse a Vegadeo ao Centro de Formación para o Consumo para participar nun obradoiro sobre froitas e verduras, titulado “De la huerta al supermercado”.

As actividades foron as seguintes:

  • Explicación do obradoiro e indicacións e normas.

  • Repaso da clasificación dos alimentos segundo a súa función: enerxéticos, construtores e reguladores.

  • Diferencia entre verduras e hortalizas e exemplos de cada unha.

  • Plantamos una semente de tomate sacada dun tomate cherry. Levamos a planta para o colexio e coidaremos dela.

  • Elaboración dunha lista de compras con froitos de temporada, algún conxelado e/ou en conserva (para os que non son de temporada).

  • Visita ao supermercado para mercar os alimentos da lista preparada (pequeno grupo).

  • Somos cociñeiros e preparamos un puré de tomate fresco e san cuns mandís moi coloridos.

  • Degustamos o tomate en tostas cun pouco de sal, aceite de oliva e aos que lles gusta cunha porción de pavo.

Non nos esquecemos de firmar no libro xigante de visitas.

No tempo de sobra, fomos ao parque que está ao lado do Centro de Formación para o Consumo e merendamos e xogamos antes de volver para o noso cole.

Pasamos unha mañá estupenda e aprendemos e repasamos moitas cousas.

VER máis fotos

Enlace ao Centro visitado: http://www.cfc-asturias.es/cfcs/show/5



blog | by Dr. Radut