Proxecto Documental Integrado

Os alumnos de 5º e 6º A e B asistiron a unha xornada de ciencia en movemento co tema SOS A TERRA destacando puntos como a contaminación e as 3 R ( recicla, reutiliza, reduce). Aquí temos algunhas imaxes.

CIENCIA EN MOVEMENTO

Con motivo da celebración do Mes da Ciencia, e dentro das actividades programadas dentro do PDI adicado a Leonardo Da Vinci, decidimos facer unha exposición sobre a faceta científica deste xenial polímata.

Os inventos de Da Vinci

O pasado mércores 3 de marzo, o alumnado de 2º, 3ºA e 4º de Primaria viaxou ata Santiago para poder desfrutar dunha exposición baseada nas distintas facetas nas que se desenvolveu este afamado polímata.

Da Vinci en Santiago I

Os alumnos de 3ºB, 5º e 6º asistiron á exposición sobre Leonardo da Vinci en Santiago.

Alí asistiron ao video sobre a vida de Leonardo, e logo puideron manipular os distintos elementos que inventou o gran Leonardo.

Da Vinci en Santiago II

Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar tivemos a sorte de ter durante unha mañá enteira un museo na nosa biblioteca.

Ciencia en movemento

O pasado mércores 28 de novembro recibimos a visita de Daniel, o pai de Nicolás da aula de 4 anos. Veunos a contar a súa experiencia na Antártida. Unha viaxe moi longa no que fixeron escala en outros paises e nos fixo partícipes dos distintos tipos de vivendas que alí atopou . Tamén trouxo un montón de fotos de animais da Antártida que nos gustaron moito.

Visita do pai de Nicolás (clase de 4 anos) para falar da Antártida

Neste curso 2018-2019 o Proxecto Documental Integrado está adicado a LEONARDO DA VINCI por cumprir os 500 anos da súa morte.

Este mes de outubro celebrámolo cunhas fantásticas actividades que consistían en acertar unhas probas situadas en sete lugares diferentes do centro: Aula de informática de EI, aula de inglés, aula de música,Ximnasio, Salón de actos, Ludoteca e Conserxería.

LEONARDO DA VINCI

Os alumnos e alumnas de 4º EP filmamos un videoclip no que quixemos recoller, dunha forma sinxela e divertida, unha serie de consellos para ciclistas.

Señor Ciclista
Distribuir contido