Festas

Tags:

Na biblioteca tivemos unhas sesións de lectura de contos de medo.

Por alí pasamos e... NON TIVEMOS MEDO!

O alumnado de E.I, 1º e 2º de E.P recibimos a visita da Bruxa Catuxa que nos contou "O papón" e "A Figueira de pelos tortos", gustounos moito e estabamos moi atentos á súa lectura.

SAMAÍN 2018
Tags:

O pasado venres 4 de maio os nenos e nenas de Infantil (4 e 5 anos) e de 1º e 2º puideron realizar o seu propio maio coa axuda dos monitores do Padroado da Cultura do Concello de Narón. 

MAIOS 2018
Tags:

O pasado 21 de decembro tivemos a festa de  celebración do 50 aniversario do cole. Tras un emotivo acto no salón de actos no que non fatoaron as actuacións de antigos alumnos , profesorado, pais e nais, traballadores do centro e antigos alumnos puideron disfrutar dun pequeno ágape e intercambiar anécdotas e historias que sucederon nestes 50 anos da nosa escola

FESTA 50 ANIVERSARIO
Tags:

Os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria recibirón a visita do Apalpador, co que puideron charlar, cantar e bailar. Pasáronno moi ben!!

 

 

VISITA DO APALPADOR
Tags:

O xoves 21 de decembro visitounos Jesús Pareja para ofrecernos unha estupenda actuación da que desfrutamos moitísimo.

Cantamos todos xuntos dúas das súas últimas panxoliñas e o fixemos francamente ben.

ACTUACIÓN DE JESÚS PAREJA
Tags:

Neste curso tan fantástico coa celebración dos nosos 50 anos de ensino, tamén celebramos o MAGOSTO 2017. Aquí tedes algunhas fotos nas que estamos degustando  as castañas.

MAGOSTO 50 OUTONOS
Tags:

 O pasado 3 de maio os nenos e nenas de Infantil e de  1º e 2º de Primaria puideron disfrutar dun obradoiro para a elaboración dun maio.

MAIOS 2017
Tags:

 

 

Os alumnos de 4º realizamos un obradoiro (como actividade motivadora) para elaborar o disfrace deste ano. O PDI tiña como lema UN CURSO CON ARTE e a nós tocounos a arte de ARQUITECTURA. Estudamos ao famoso arquitecto GAUDÍ con tres das súas obras: A casa BATLLÓ, o PARQUE GÜELL e EL CAPRICHO.

Aquí están algunhas das fotos do obradoiro.

A AULA DE 4º: Traballo con papá e mamá no disfrace
Distribuir contido