Sentimos moi orgullosos de poder colaborar coa Asociación Vida Activa, cedendo o uso da pista cuberta para a práctica do baloncesto.

Esta asociación nace da inquietude dun grupo de mozos con ampla experiencia e preocupados pola integración das persoas con discapacidade intelectual. Vida Activa xorde coa intención de ofrecerlles actividades para a súa integración efectiva e real na sociedade.

Se queres saber máis sobre esta institución fai clic na imaxe.