CIENCIA EN MOVEMENTO 3º-4º

Na semana do 6 ao 10 de febreiro as alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria puidemos desfrutar dun obradoiro de ciencia relacionado co tema do noso PDI: a primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano. Aprendemos, entre outras cousas, cal é a composición do noso planeta e como son os dous movemento que fai: rotación e translación. Vimos dun xeitto práctico, como se orixinan as estacións e por que a Lúa sempre nos esconde unha cara.

Tamén aprendemos unha cousa asombrosa: as representacións planas da Terra non reflicten o tamaño real dos continentes. A que non o sabiades?

Velaí van algunha fotos deste obradoiro:

CIENCIA EN MOVEMENTO 3º-4º