Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
O venres 29 de xaneiro conmemoramos o día da Paz e a non violencia escolar con diferentes actividades levadas a cabo nas tres aulas. Se queres ver vídeos e fotos das tarefas e os resultados preme nas seguintes ligazóns que te levarán aos blogs correspondentes:
VIDEO-ALBUM SAMAÍN 2020. SERVIZO DE COMEDOR
Nos blogs das aulas, tedes dispoñibles os horarios do alumnado. Velaquí as ligazóns:
Para calquera dúbida relacionada coa organización e funcionamento xeral do centro, podedes chamar ao teléfono 988 32 02 45 e/ou escribir ao correo electrónico: ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal
Moitas grazas.
Xa está dispoñible a listaxe do material escolar para o curso 2020/2021 que tedes que mercar para o alumnado:
MATERIAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL: AULA VERDE
MATERIAL PARA PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO DE PRIMARIA: AULA AZUL
MATERIAL PARA CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA: AULA VERMELLA
Tamén podedes descargar os PDF que se achegan adxuntos. Lembrade que, a medida que traiades o material, ou ben o traen os propios nenos e nenas ata a aula, ou ben o podedes deixar fóra nas cancelas ou no banco baixo a cuberta da entrada, e o persoal do centro encargarase de levalo ata as aulas. Por favor, en bolsas ben identificadas con nome do alumno ou alumna. Moitas Grazas!
O ALUMNADO CON DEREITO A SERVIZO DE TRANSPORTE, TAMÉN LLE CORRESPONDE DEREITO DE GARDA/VIXILANCIA ATA A HORA DE ENTRADA ÁS AULAS.
O curso escolar 2019-2020 chegou a seu fin. Este non foi un curso calquera, foi distinto polas circunstancias que nos tocou vivir.
Con todo o noso agarimo, queremos dedicar dous vídeos para o alumnado que remata etapa escolar: sexto de infantil e sexto de primaria. Especialmente para o alumnado de sexto de primaria, que para o curso seguinte continuarán os seus estudos noutro centro. Pero lembrade que sempre seredes benvid@s á que foi a vosa "casa" durante tanto tempo: a vosa escola o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.
Bo verán! Felices vacacións! Vémonos á volta, porque TODO VAI SAIR BEN!
Parte do alumnado de quinto e sexto de primaria enviaron audios ao programa de radio "Menuda tropa" de Somos comarca, para falar sobre como pasan o seu confinamento e do moito que botan en falta o colexio.
Estamos moi orgullos@s de vós. Grazas polas vosas mensaxes. Todo vai saír ben!
Fonte:
https://somoscomarca.es/menuda-tropa-echo-de-menos-a-mis-profes-y-companeros/
https://www.ivoox.com/51222045
Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia ditadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quedan publicadas nesta web as adaptacións das Programacións Didácticas referidas a dito trimestre, as cales podedes consultar descargando os ficheiros correspondentes a cada área/materia e curso/etapa que se achegan. Para calquera dúbida, contactade cos mestres/titores.
Aínda que temos unhas condicións excepcionais, os rapaces seguen a traballar nas súas casas, esta vez tratábase do Día do Libro. Fixeron diferentes actividades segundo o ciclo o que pertencían:
EDUCACIÓN INFANTIL:
A actividade consistía en escoller o seu conto preferido ou o personaxe protagonista e disfrazarse para tratar de imitar o máis posíbel a portada ou escena que se elixa.
PRIMEIRO E SEGUNDO:
A xogar cos contos en casa, xogaron a dicir un trabalinguas sen fallar, tiñan que recitar un trabalinguas e gravalo en vídeo.
TERCEIRO E CUARTO:
A actividade consistía en inventar unha historia, así que os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P. puxéronse mans á obra!.
O titor Miguel comezaba unha historia e un alumno/a tiña que seguila, e así sucesivamente ata que todos inventaban un anaquiño do conto.
Finalmente seleccionaron unhas imaxes acordes ca historia e crearon un vídeo-conto.
QUINTO E SEXTO:
A actividade consiste na gravación de vídeos ou audios contando un conto ou relato pequeno.
Ademais fixeron outra actividade o visionado de un corto e a continuación realizaron unha ficha.
O Concello de Rubiá publicou un BANDO no que comunica aos veciños do municipio que: en colaboración co noso colexio procederá a repartir os libros de texto do terceiro trimestre ao alumnado, achegándollos ás súas casas para a vindeira semana.
Asemade as familias que queiran realizar fotocopias ou imprimir fichas para as tarefas escolares poderán solicitarllo ao Concello a través do seguinte email: concelloderubia@gmail.com, achegando os arquivos ou ficheiros que queirades imprimir e indicando a que dirección as teñen que levar. Por favor, tratade de realizar os vosos pedidos de xeito que aforredes tempo e desprazamentos ao persoal do concello.
Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño queremos recordar ás familias que, en todo caso, recibirán notificación a través da aplicación Abalar Móbil, coas instruccións precisas de como se vai a levar a cabo o desenvolvemento do terceiro trimestre.
Moitas grazas pola vosa colaboración.