O LIBRO DOS CANS

Aquí vos deixamos en primicia o noso libro dos cans. Este é o resultado de tres meses de traballo de búsqueda da información, contraste de fontes, análise, resumo, categorización... dos nenos e nenas de 1º A e B. O resultado de tanto esforzo valeu a pena!

Temos que dar as grazas a cantos nos axudástedes: ás familias por aportar materiais e fotos, a Xan por virnos a dar a charla, ás persoas da clínica Montegatto de Oza dos Ríos por acollernos amablemente nun "día de cans", á Técnico de Normalización Lingüística do Concello por axudarnos a que esté escrito en galego normativo e a cantos vos interesástedes no noso proxecto e fixéstedes que fora posible. Grazas!

Agora queda imprimilo e presentalo en sociedade. Xa falta pouco para telo nas nosas mans, en breve mandarannos a copia impresa e encuadernada. 

 

 

Para velo en pantalla completa picade no cuadriño do centro da imaxe onde pon "fullscreen".

Acceso