O MINIVOLEY

O voleibol é unha boa modalidade deportiva para que os/as nenos/as aprendan a traballar en equipo, a moverse e a reaccionar rapidamente e a manter un alto nivel de atención e de concentración no xogo. Pode ser practicado en calquera época do ano, en espazos de interior ou de exterior, en espazos reducidos, nun ximnasio, no patio do colexio, e incluso na praia. Para xogar ao voleibol non é necesario dispor dun gran equipamento: un balón e unha rede son suficientes para iniciarse no xogo. Non existe contacto físico entre os xogadores dos dous equipos polo que evitamos a aparición de conflitos tan comúns nas competicións.  

Como todos os deportes, o voleibol tamén ten unha versión mini  para nenos/as e principiantes. O minivoleibol xóganse nun campo máis pequeno, con menos xogadores (4 no lugar de 6), con balóns máis lixeiros e con regras adaptadas. A continuación presentamos un video cun partido de minivoley da categoría alevín feminino.