FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

O prazo para presentar as solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

Para ver o resumo da información, prema AQUÍ.

Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ. 

Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.

CARREIRA SOLIDARIA 2024

O pasado venres 10 de maio organizamos a Carreira Solidaria. Grazas á colaboración do alumnado e as súas familias, xuntamos miles de kilos de alimentos para que Cruz Vermella e Cáritas os repartan entre as persoas que os necesiten.
Moitas grazas a todo o mundo!

Preme na imaxe para ver o vídeo!

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO(NEAE) |  IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

 

Convócanse, para o curso 2024-2025, axudas individualizadas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024.

>> Publicación no BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2024-14197

>> Acceso á solicitude on line: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

>> Como solicitala: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

CARREIRA SOLIDARIA "VALES VILLAMARÍN" 2024

O VINDEIRO VENRES 10 DE MAIO CELEBRAREMOS A CARREIRA SOLIDARIA DESTE ANO, ONDE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DE BETANZOS ESTÁ INVITADA (ALUMNADO, FAMILIAS E TRABALLADORES DOS DISTINTOS CENTROS). TODA A INFORMACIÓN DA MESMA NO ARQUIVO ADXUNTO (PREMA NA IMAXE).

INVITACIÓN Á PROMOCIÓN QUE REMATOU EN 2020

Todo o alumnado da promoción 2011-2020 interesado en participar na festa de despedida o venres 21 de xuño de 2024 no noso colexio anotádevos PREMENDO NA IMAXE ou a través deste enlace.

 

https://docs.google.com/forms/d/1qhKYE9tQa7K03kBAUbXxnZeEQrPtWYLOOmkofZGb5Cs/edit?pli=1

 

Data límite 31 de maio.   

DE AQUÍ PARA ALÁ...

A rapazada de infantil asistiu ao Palacio da Ópera para ver e escoitar o espectáculo "De Aquí para Alá... coas Emocións" de Lidia Botana. Unha viaxe pola música e os instrumentos de todo o mundo.

CLICADE NA IMAXE!

XOGOS OLÍMPICOS-SALTO DE CORDA

Durante o mes de marzo e abril, o alumnado de toda primaria participou nuns Xogos Olímpicos de salto de corda, organizados polo profesorado de Educación Física.

Esforzáronse moitísimo, moitos mesmo aprenderon para poder participar. Moitas grazas a todas as persoas que participaron!

Premede na imaxe para ver retazos da competición!

 

Distribuir contido